DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

EDICTO do 26 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas neste departamento territorial.

En uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, e en virtude do disposto no artigo 59º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servicio de correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representados, no Servizo de Promoción do Emprego do Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Fernández Latorre, nº 132, 1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producida desde o día seguinte.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2011.

Luis Alberto Alvárez Freijido

Xefe territorial da Coruña

Ver referencia pdf "03600D021P070.PDF"