DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

EDICTO do 26 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas neste departamento territorial.

En uso das competencias atribuidas a este departamento territorial, e en virtude do disposto no artigo 59º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61º da mencionada lei, o contido das resolucións, contra as cales poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Consellería de Traballo e Benestar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 114º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior e de acordo co referido no artigo 61º de dita lei, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, no Departamento Territorial de Traballo e

Benestar da Coruña (rúa Enrique Mariñas, s/n, Matogrande), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2011.

Luis Álvarez Freijido

Xefe territorial da Coruña

Ver referencia pdf "03600D021P070.PDF"