DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 59º.5 e 84º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Resolución de 31 de xaneiro 2011 sobre baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos relacionados no anexo.

Téndose comprobado pola inspección turística que os establecementos que figuran no anexo, cos datos e últimos enderezos que tamén se sinalan, non exercen a actividade para a que foron autorizados no seu día e considerando que este organismo efectuou o preceptivo trámite de audiencia a que fai referencia o artigo 59º.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, respecto do cal os interesados non efectuaron alegacións.

Este departamento territorial resolve dar de baixa os establecementos que se sinalan no anexo e comunicalo a Secretaría Xeral para o Turismo os efectos da súa cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura e Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2011.

José María Picallo Búa

Xefe territorial de Pontevedra

Ver referencia pdf "03600D021P070.PDF"