DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Abadín. (Expediente IN407A 10/148-2, 7828 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: OCR Gontán.

Situación: concello de Abadín.

Características técnicas: OCR Xudán en edificio prefabricado tipo PFU4, no cal se instalan dúas celas de liña motorizadas, unha cela de liña motorizada con relé integrado, unha cela de liña motorizada sen relé e unha cela de transformador de SS.AA., o telemando consta dun cadro de servizos xerais, un equipamento rectificador/acumulador, unha remota e unha antena, todo controlado desde o Centro de Control de Rede (Cecore) de BEGASA. L.M.T.S. a 20 kV, con orixe no apoio metálico P-80 tipo C-4500/18 (proxectado) da L.M.T. aérea Vilalba 1-S.T. Mondoñedo e final no OCR Gontán proxectado, formada por catro circuítos, cunha lonxitude de 110 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-150 e R.H.Z.-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de xaneiro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo