DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Xove. (Expediente IN407A 10/74-2, 7756 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: desvío de instalacións eléctricas afectadas con motivo das obras VAC da costa norte, treito Celeiro-San Cibrao. Clave: LU/00/063.01.4.

Situación: concello de Xove.

Características técnicas:

-Modificación no p.k. 5+200-p.k. 5+400.

Desvío da R.B.T. aérea do C.T. 03686 Lamaboa, cunha lonxitude para reformar de 383 metros, consistente na desmontaxe de tres apoios de formigón e na instalación de 7 apoios novos, e na substitución dos condutores que non se poidan recuperar.

Desvío da R.B.T. soterrada do C.T. 03686 Lamaboa, consistente na conexión da rede de baixa tensión aérea co novo centro de transformación, cunha lonxitude de 68 metros en condutor tipo R.V.-95.

-Modificación no p.k. 5+200-p.k. 6+000.

Desvío da liña de media tensión aérea aluminio a 20 kV no tramo que se encontra afectado pola construción da vía de alta capacidade Costa Norte, cunha lonxitude para reformar de 913 metros en condutor LA-110, consistente na desmontaxe de cinco apoios metálicos de celosía e na montaxe de catro apoios tamén de celosía dentro dos límites dos terreos ocupados con motivo das referidas obras.

Desvío da liña de media tensión soterrada Aluminio a 20 kV, consistente na alimentación en bucle do novo C.T.C. Lamaboa, con orixe nunha conversión aerosubterránea instalada nun apoio existente e final no C.T.C. Lamaboa (proxectado), cunha lonxitude de 86 metros en condutor R.H.Z.-1-400.

C.T.C. Lamaboa en edificio prefabricado tipo PFU-5, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V, no cal se instalan dúas celas de liña e unha protección do transformador.

-Modificación no p.k. 6+400.

Desvío da R.B.T. do C.T.I. 14.008 Estación FEVE, a reforma consiste na retirada de dous apoios das zonas afectadas e na instalación doutros dous novos, cunha lonxitude de liña para reformar de 113 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 17 de xaneiro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo