DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello da Pastoriza. (Expediente IN407A 10/147-2, 7746 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: peche anel L.M.T.S. e C.T. parque empresarial-C.T. A Pastoriza.

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, con orixe no actual apoio existente do C.T.I. A Pastoriza (que se vai desmontar), entra e sae no C.T. prefabricado A Pastoriza (proxectado) e remata nunha cela proxectada no C.T. parque empresarial (existente), cunha lonxitude de 985 metros en condutor tipo R.H.Z.-150. C.T. A Pastoriza en edificio prefabricado tipo PFU-3, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de xaneiro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo