DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica nos concellos de Bóveda e Monforte de Lemos. (Expediente IN407A 10/146-2, 7744 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: recuamento de liñas M.T. por execución do corredor Sarria-Monforte, treito III: A Áspera-Monforte de Lemos.

Situación: concellos de Bóveda e Monforte de Lemos.

Características técnicas: recuamento no p.k. 19+960 da L.M.T.A. a C.T. existente Vilarpape a 20 kV, con orixe no apoio de formigón proxectado nº 2-4 e final no apoio de formigón existente nº 2-5, cunha lonxitude de 114 metros en condutor LA-56. Recuamento no p.k. 22+430 da L.M.T.A. a C.T. existentes Chao de Fabeiro e Hermida a 20 kV, con orixe no apoio tubular metálico proxectado nº B3-1 e final no apoio tubular metálico nº B-4, cunha lonxitude de 130 metros en condutor LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de xaneiro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo