DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.950

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (318/2009).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 318/2009 por instancia de Mirela Andrea Ion contra Ollo cos Galegos, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 17-1-2011, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida pola demandante Mirela Andrea Ion, debo condenar e condeno a empresa Ollo cos Galegos, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 19.396,93 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade 0030 1846 42 0005001274.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534 00 0064031809.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Ollo cos Galegos, S.L., expido e asino esta na Coruña, 20 de xaneiro de 2011.

Ana María Carrasco García

Secretaria xudicial