DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.950

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (189/2010).

Eva Ortiz Suárez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un de Betanzos, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 189/10 se ditou a seguinte:

«Cédula de citación.

Nas actuacións indicadas, iniciadas por denuncia de Celia Barreiro Loureda, acordouse citar a vostede co fin de que o próximo día un de marzo ás dez horas asista na sala de vistas á realización do xuízo de faltas seguido por danos, cuxos feitos ocorreron en Miño o día 17 de abril de 2010, en calidade de denunciado, e deberá comparecer ao acto de xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse. Se se tratar no seu caso de persoa xurídica, deberao facer a través de representante legal, acreditando no acto do xuízo tal carácter. Poderá igualmente comparecer asistido de avogado, se o desexa.

Apercíbeselle que, se reside/ten a súa sede ou local aberto neste termo municipal e non comparece nin alega xusta causa que llo impida, poderase impor unha multa de 200 a 2.000 euros. En caso de residir/ter a súa sede ou local/ais fóra deste termo municipal, non ten obriga de concorrer ao acto do xuízo, e poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa, así como apoderar o avogado ou procurador para que presente no acto do xuízo as alegación e probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970º da Lei de axuizamento criminal.

De conformidade co establecido no artigo 971º da Lei de axuizamento criminal, apercíbeselle que a ausencia inxustificada do denunciado non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo sempre que conste que foi citado coas formalidades prescritas nesta lei, a non ser que o xuíz de oficio ou por instancia de parte crea necesaria a declaración daquel.

Betanzos, 13 de xaneiro de 2011».

E para que conste e lle sirva de citación a Juan Pardo Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos, catorce de xaneiro de dous mil once.

Eva Ortiz Suárez

Secretaria xudicial