DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.949

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2011, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1), convocado pola Orde do 26 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 3 de xullo).

En sesión que tivo lugar o día 17 de febreiro de 2011, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de xuño de 2010 (DOG nº 117, do 22 de xuño), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1), acordou, de conformidade co establecido na orde de convocatoria:

Primeiro.-Facer pública, de acordo coa base IV.2 da convocatoria, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidad, que se recolle como anexo a esta resolución.

De acordo coa dita base, os aspirantes disporán dun prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución do tribunal, para presentaren a documentación prevista nas letras A), B) e C).

Segundo.-Elevar a devandita relación á titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como funcionarios de carreira.

Terceiro.-Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, conforme o previsto no artigo 114º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2011.

María Antonia Arias Bouzas

Presidenta do tribunal

Ver referencia pdf "03600D008P061.PDF"