DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.948

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

ORDE do 16 de febreiro de 2011 pola que se modifica a Orde do 31 de xaneiro de 2011 na que se establece a relación dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 033 (condutor motobomba defensa contra incendios forestais) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia no ámbito provincial de Lugo, en cumprimento da Sentenza do 30 de abril de 2009, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Santiago de Compostela, no procedemento abreviado 185/2008, confirmada pola Sentenza do 19 de maio de 2010, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso 452/2009.

Debido a un erro material no anexo III da Orde do 31 de xaneiro de 2011 (DOG nº 24, de 4 de febreiro), non se incluiron nel tres aspirantes que no ano 2005 superaron o proceso selectivo na fase de resultas e que, en atención ás puntuacións acadadas, debían figurar nos postos números 44, 45 e 46 en lugar dos incluídos nesas posicións como novos aprobados.

Toda vez que, segundo a base 14 da convocatoria, o número de aspirantes nomeados na primeira fase do proceso selectivo non pode exceder o número de prazas convocadas (46 para o ámbito provincial de Lugo), procede deixar sen efecto a elevación a definitiva da proposta complementaria de aprobados realizada no punto segundo da Orde do 31 de xaneiro de 2011.

Se por mor de peticións de excedencias voluntarias no acto de elección de destino quedasen prazas vacantes, procederase a completar a relación de aspirantes que superaron o proceso, de conformidade co disposto na base décimo primeira da convocatoria (DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 2003).

De acordo co exposto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Deixar sen efecto a elevación a definitiva da proposta do tribunal dos aspirantes do ámbito da provincia de Lugo que, en cumprimento da sentenza que se executa, superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 033 (condutor motobomba defensa contra incendios forestais) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia recollida no punto segundo da Orde do 31 de xaneiro de 2011 (DOG nº 24, do 4 de febreiro). A dita proposta queda condicionada á existencia de vacantes non cubertas tras a adxudicación inicial de postos con carácter definitivo nos termos establecidos na base décimo primeira da convocatoria.

Segundo.-Publicar como anexo desta orde a proposta corrixida dos aspirantes que, de acordo coa anulación realizada no punto primeiro da Orde do 31 de xaneiro que se modifica, superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 033 (condutor motobomba defensa contra incendios forestais) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia no ámbito da provincia de Lugo, con indicación da puntuación total obtida por cada un deles.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán presentar, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2011.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda

Ver referencia pdf "03600D007P060.PDF"