DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.946

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2011 pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Enxeñaría de Edificación.

Tras obter a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e despois de que o Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009 acordase o carácter oficial do título (publicado no BOE do 5 de xaneiro de 2010 por resolución do secretario de Estado de Universidades do 13 de novembro de 2009).

Esta reitoría, de conformidade co artigo 35º.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidade, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de graduado ou graduada en Enxeñaría de Edificación, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

A Coruña, 1 de febreiro de 2011.

José María Barja Pérez

Reitor da Universidade da Coruña

Ver referencia pdf "03600D005P035.PDF"

Ver referencia pdf "03600D006P058.PDF"