DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.923

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2011 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro de varias ordes de convocatoria de axudas convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no ano 2010.

De conformidade co disposto no artigo 13º.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, así como co artigo 18º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o artigo 13º da Orde do 22 de abril de 2010 pola que se convoca a concesión de subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda, que conten co financiamento cualificado do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012; o artigo 13º da Orde do 4 de xuño de 2010 pola que se convoca para 2010 a concesión de subvencións para actuacións de rehabilitación ao abeiro do Programa Renove do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012; o artigo 16º da Resolución do 2 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a adquisición de axudas destinadas a sufragar os danos causados en vivendas polas inundacións que se produciron os días 9 e 10 de xuño na Mariña luguesa e nos concellos limítrofes;

a Resolución do 19 de xullo de 2010, complementaria da Orde do 2 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a concesión de axudas destinadas a sufragar os danos causados en vivendas e instalacións complementarias polo temporal que se produciu en Galicia a partir do 23 de xaneiro, pola que se asignan aos orzamentos do ano 2010 os remanentes do ano anterior; o artigo 10º da Resolución do 1 de xullo de 2010, pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia; e o artigo 10º da Resolución do 4 de outubro de 2010, pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia, procédese mediante esta á publicación do extracto das axudas outorgadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ao abeiro das citadas ordes e resolucións de convocatoria.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar as axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, facendo constar o seguinte:

I. Norma reguladora da convocatoria: Orde do 22 de abril de 2010 pola que se convoca a concesión de subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda, que conten co financiamento cualificado do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.

a) Aplicación orzamentaria 07.90.451B.780.1

b) Crédito orzamentario: 2.000.000 €.

c) Destinatarios: aquelas persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral, ou adquirentes de vivendas usadas ou vivendas de prezo limitado acollidas ao sistema de financiamento para o primeiro acceso á vivenda en propiedade do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.

d) Finalidade: completar as axudas estatais destinadas a colectivos preferentes que adquiran ou promovan unha vivenda para uso propio.

e) Beneficiarios, importe:

Ver referencia pdf "03600D005P035.PDF"

II. Norma reguladora da convocatoria: Orde do 4 de xuño de 2010 pola que se convoca para 2010 a concesión de subvencións para actuacións de rehabilitación ao abeiro do Programa Renove do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012;

a) Aplicación orzamentaria: 07.90.451A.770.0 e 07.90.451A.780.1.

b) Crédito orzamentario: 2.000.000 € e 10.000 € respectivamente.

c) Destinatarios: comunidades de propietarios, persoas físicas ou xurídicas que promovesen actuacións de rehabilitación e que estean en posesión da cualificación definitiva e ademais cumpran as condicións e requisitos que prevén os artigos 8º e 62º do Decreto 402/2009, do 22 de outubro.

d) Finalidade: fomentar a rehabilitación en vivendas e edificios de vivendas.

e) Beneficiarios, importe:

Ver referencia pdf "03600D005P035.PDF"

III. Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 2 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a adquisición de axudas destinadas a sufragar os danos causados en vivendas polas inundacións que se produciron os días 9 e 10 de xuño na Mariña luguesa e nos concellos limítrofes.

a) Aplicación orzamentaria: 07.90.451A.780.6.

b) Crédito orzamentario: 360.000 €.

c) Destinatarios: as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas que sufriran danos que afecten tanto o inmoble como a enxoval causados polas citadas inundacións e que, cumprindo os requisitos establecidos na convocatoria, teñan que sufragar os gastos necesarios de reparación, ou de reposición de bens cando, neste último caso, se acredite a súa perda irrecuperable.

d) Finalidade: axudas a sufragar os gastos en vivendas causados pola inundacións orixinadas polo temporal Doris durante os días 9 e 10 de xuño na Mariña luguesa e nos concellos limítrofes.

e) Beneficiarios, importe:

Ver referencia pdf "03600D005P035.PDF"

IV. Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 19 de xullo de 2010, complementaria da Orde do 2 de febreiro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a concesión de axudas destinadas a sufragar os danos causados en vivendas e instalacións complementarias polo temporal que se produciu en Galicia a partir do 23 de xaneiro, pola que se asignan aos orzamentos de 2010 os remanentes do ano anterior.

a) Aplicación orzamentaria: 07.90.451A.780.5.

b) Crédito orzamentario: 800.182 €.

c) Destinatarios: as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias das vivendas que sufrisen danos relacionados co citado temporal e que, cumprindo os requisitos establecidos na convocatoria, teñan que sufragar os gastos necesarios de reparación, ou de reposición no caso de que a persoa propietaria acredite a perda irrecuperable dalgún ben.

d) Finalidade: sufragar os gastos, en vivendas e instalacións complementarias, causados polo temporal que se produciu en Galicia a partir do 23 de xaneiro de 2009.

e) Beneficiarios, importe:

Ver referencia pdf "03600D005P035.PDF"

V. Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 1 de xullo de 2010, pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia e Resolución do 4 de outubro de 2010, pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia.

a) Aplicacións orzamentarias: 07.90.451A.780.0, 07.90.451A.780.2 e 07.90.451A.770.0

b) Crédito orzamentario: 7.506.829 €, 4.132.862 € e 100.000 €, respectivamente.

c) Destinatarios: promotores de actuacións de rehabilitación que estean en posesión da resolución de conformidade coas actuacións propostas para a obtención da cédula de rehabilitación de calidade, sempre que o prazo de execución das obras, que figure na citada resolución de conformidade, non poderá ser superior ao 31 de decembro de 2010. Enténdese que cumpren este requisito as vivendas que xa teñan a cédula de rehabilitación de calidade.

d) Finalidade: incentivar a rehabilitación das vivendas en núcleos rurais e núcleos históricos de Galicia.

e) Beneficiarios, importe:

Ver referencia pdf "03600D005P035.PDF"

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2011.

Antonio José Boné Pina

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo