DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.923

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, pola que se lle dá publicidade á relación de entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 4 de agosto de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas en materia agroforestal, por entidades de iniciativa social dedicadas a fomentar a integración social e laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2010.

Mediante resolución do conselleiro do Medio Rural, do 5 de novembro de 2010, concedéronse as axudas para o desenvolvemento de accións formativas en materia agroforestal, ás entidades de iniciativa social e pola contía que se reflicte no anexo, convocadas ao abeiro da Orde do 4 de agosto de 2010, en que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e se convocan para o ano 2010 (DOG nº 154, do 12 de agosto).

De conformidade co artigo 15º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, faise pública a relación de entidades beneficiarias, o importe da subvención concedida e a finalidade desta.

O financiamento das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 4 de agosto de 2010 imputouse á aplicación orzamentaria 13.04.422M.481.0 por un importe máximo de cen mil euros (100.000 €), dos que oitenta mil euros (80.000 €) son financiados polo Fondo Social Europeo e o resto pola Consellería do Medio Rural.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de entidades beneficiarias de axudas concedidas ao abeiro da Orde do 4 de agosto de 2010 que figura como anexo.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2011.

Alejandra Álvarez de Mon Rego

Directora xeral de Innovación e Industrias

Agrarias e Forestais

Ver referencia pdf "03600D005P035.PDF"