DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2011 Páx. 2.922

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 27 de agosto de 2010, pola que se regulan as bases e se convocan axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral (Diario Oficial de Galicia número 168, do 1 de setembro de 2010).

De conformidade co disposto no artigo 15º.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17º da Resolución do 27 de agosto de 2010 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas á realización polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar, procédese á publicación das subvención concedidas ao abeiro da citada Resolución do 27 de agosto de 2010.

Finalidade da axuda: favorecer e impulsar a conciliación do traballo e da vida familiar de mulleres e homes mediante axudas destinadas á realización polas asociacións de nais e pais do alumnado de programas de actividades complementarias e extraescolares.

Norma reguladora: Resolución do 27 de agosto de 2010 pola que se regulan as bases e se convocan axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Crédito orzamentario: 40.001,67 euros.

Partida orzamentaria: 04.40.312G.481.0.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

Ourense, 24 de xaneiro de 2011.

Luis Ortiz Álvarez

Xefe territorial da Consellería de Presidencia

Administracións Públicas e Xustiza

Ver referencia pdf "03600D003P034.PDF"