DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2011 Páx. 2.783

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 16/2011, do 10 de febreiro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

O artigo 6º da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, o artigo 7º do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e o artigo 14º do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia, establecen que se ten que proceder á renovación por metades dos conselleiros de cada un dos grupos que integran o Consello.

Efectuada a designación dos representantes das entidades enumeradas no artigo 4º.1 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e nos termos que establecen o artigo 7º do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia, os consellos escolares territoriais e municipais, en desenvolvemento da Lei 3/1986, do 18 de decembro, e no artigo 14º do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia,

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de febreiro de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

Manuel Astariz Castro (Sindicato Independiente ANPE Galicia).

Consuelo Campos Acedo (Confederación Intersindical Galega).

Raúl Gómez Farto (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

b) Ensino privado:

Gerardo Morano Díaz (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

2. En representación de pais de alumnos, propostos polas confederacións de asociacións de pais de alumnos en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Elvira Lombao Vila (Confederación Galega de APA de Centros Públicos).

b) Ensino privado:

María Inés Gómez Otero (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos).

3. En representación dos alumnos, propostos polas federacións ou confederacións de asociacións de alumnos en proporción á súa representatividade:

Azucena Rodríguez Amoroso (Federación de Asociacións de Xoves Estudantes Galegos).

4. En representación do persoal de administración e servizos, propostos polas centrais sindicais máis representativas:

Ángeles Villarnovo Coba (Unión Xeral de Traballadores).

Elvira Patiño Ogea (Confederación Intersindical Galega).

5. En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresarias correspondentes máis representativas:

José Antonio Moar Armas (Federación do Ensino Privado de Galicia).

6. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

José Manuel Fuentes Fariña (Comisións Obreiras).

7. En representación das organizacións empresariais, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia:

José Luis Liñares Louzao.

8. En representación de profesores, propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

Mercedes Espiño Amil (Coordenadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

José Luis Fernández Díaz (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

9. En representación da Administración educativa, designados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

José Luis Mira Lema.

José Manuel Pinal Rodríguez.

Manuel Corredoira López.

10. En representación da Administración local, propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Juan García Fuentes.

Camilo Forján Seoane.

Francisco A. Veiga Romero.

María Socorro Cea Vázquez.

11. En representación da universidade, proposto polo seu máximo órgano de goberno:

Miguel Anxo Santos Rego.

12. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

Daniel Barata Quintas.

Genara Borrajo Borrajo.

13. En representación do Seminario de Estudos Galegos, proposto polo seu órgano de representación:

Antón Costa Rico.

14. En representación do Consello da Xuventude de Galicia, proposto polo seu órgano de representación:

María Dolores Rodríguez Amoroso.

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1. En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

Manuel Astariz Castro (Sindicato Independiente ANPE Galicia).

Consuelo Campos Acedo (Confederación Intersindical Galega).

Raúl Gómez Farto (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

b) Ensino privado:

Gerardo Morano Díaz (Federación de Traballadores do Ensino- Unión Xeral de Traballadores).

2. En representación de pais de alumnos, propostos polas confederacións de asociacións de pais de alumnos en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Elvira Lombao Vila (Confederación Galega de APA de Centros Públicos).

b) Ensino privado:

María Inés Gómez Otero (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos).

3. En representación do persoal de administración e servizos, propostos polas centrais sindicais máis representativas:

Ángeles Villarnovo Coba (Unión Xeral de Trabajadores).

Eduardo Freire Bargados (Confederación Intersindical Galega).

4. En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresarias correspondentes máis representativas:

José Antonio Moar Armas (Federación do Ensino Privado de Galicia).

5. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

José Manuel Fuentes Fariña (Comisións Obreiras).

6. En representación das organizacións empresariais, proposto pola Confederación de Empresarios de Galicia:

José Luis Liñares Louzao.

7. En representación de profesores, propostos polos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

Mercedes Espiño Amil (Coordenadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

David Mazaira Fernández (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

8. En representación da Administración educativa, designados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

José Luis Mira Lema.

José Manuel Pinal Rodríguez.

Manuel Corredoira López.

9. En representación da Administración local, propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Mercedes Rosón Ferreiro.

Arturo Díaz Díaz.

Francisco A. Veiga Romero.

María Socorro Cea Vázquez.

10. En representación da universidade, proposto polo seu máximo órgano de goberno:

Antonio Vara Coomonte.

11. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos pola conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:

Daniel Barata Quintas.

Venancio Graña Martínez.

12. En representación do Consello da Xuventude de Galicia, proposto polo seu órgano de representación:

Pedro García Puig.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de febreiro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria