DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2011 Páx. 2.719

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que fan públicas as subvencións concedidas a persoas físicas e xurídicas titulares de autorizacións de transporte público por estrada para o fomento das condicións de seguridade e da incorporación de novas tecnoloxías e melloras ambientais.

Por medio da Orde do 4 de maio de 2010, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fixou as bases reguladoras e convocou subvencións dirixidas a persoas físicas e xurídicas titulares de autorizacións de transporte público por estrada para o fomento das condicións de seguridade e da incorporación de novas tecnoloxías e melloras ambientais.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do disposto no artigo 15º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas a persoas físicas e xurídicas titulares de autorizacións de transporte público por estrada para o fomento das condicións de seguridade e da incorporación de novas tecnoloxías e melloras ambientais.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2011.

Miguel Rodríguez Bugarín

Director xeral de Mobilidade

ANEXO

As subvencións concedidas a persoas físicas e xurídicas titulares de autorizacións de transporte público por estrada para o fomento das condicións de seguridade e da incorporación de novas tecnoloxías e melloras ambientais, por un importe total de 3.999.994,20 euros e con cargo á aplicación orzamentaria 2010.07.05.512A.770.1, son as seguintes:

Ver referencia pdf "03300D002P007.PDF"