DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2011 Páx. 2.642

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 10 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e se convocan para o ano 2011.

O emprego de novas tecnoloxías na mecanización e equipamento agrario, amparado en modelos de carácter asociativo, contribúe de forma decisiva a que as explotacións agrarias protagonicen un desenvolvemento do sector agrario e en xeral do medio rural que favorece unha evolución positiva e constante para afrontar novos retos de futuro.

A introdución de novas tecnoloxías na utilización de maquinaria agrícola e equipamentos ten unha repercusión moi positiva nas vertentes técnica, económica e ambiental das explotacións agrarias.

Tendo en conta a estrutura e dimensión da maioría das explotacións galegas, o elevado custo de adquisición e utlización da maquinaria e equipamentos, os altos custos de amortización que xera a utilización de maquinaria individualmente, entre outros atrancos, fai necesario o impulso de modelos de utilización de maquinaria e equipamentos de forma colectiva orientados a abordar conxuntamente os traballos no eido agrícola, gandeiro e forestal, dado que o medio rural galego conforma un complexo que engloba frecuentemente estes tres sectores dentro da mesma unidade produtiva ou explotación.

Estes modelos melloran a eficiencia dos procesos produtivos nas explotacións agrarias, así como as condicións de traballo, desde a dobre vertente, cuantitativa e cualitativa, e contribúen así á creación de unidades produtivas máis eficientes e sustentables, económico-social e ambientalmente, o que redunda nunha mellora da calidade de vida da poboación dedicada ás actividades agrarias e por conseguinte tamén a unha maior fixación da poboación no medio rural.

Estas actuacións enmárcanse dentro do Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro (DO L 277, do 21 de outubro), relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), o Regulamento (CE) 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro (DO L 368, do 23 de decembro), polo que se establecen as disposicións de aplicación do antedito regulamento, así como, polo que respecta aos investimentos incluídos no Plan de Innovación Tecnolóxica de Galicia, e no Real decreto 456/2010, do 16 de abril, polo que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción de novas tecnoloxías en maquinaria e equipamentos agrarios (BOE nº 111, do 7 de maio).

Así mesmo, o Regulamento (CE) 1975/2006 da Comisión, do 7 de decembro (DO L 368, do 23 de decembro), polo que se establecen disposicions de aplicación do Regulamento CE 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro (DO L 277, do 21 de outubro), no que se refire á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas da axuda ao desenvolvemento rural.

As axudas reguladas nesta orde van dirixidas á realización de investimentos para a mellora dos sistemas produtivos das explotacións agrarias no marco normativo anteriormente referido e en concordancia coas liñas estratéxicas comunitarias e estatais, reflectidas tamén na redación do Programa de desenvolvemento rural para o período 2007-2013.

Por todo o exposto, e de acordo co establecido no artigo 30º.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire o artigo 14º da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia, así como as competencias que me confire a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e convocalas para o ano 2011, en réxime de concorrencia competitiva. As bases reguladoras publicaranse na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural: http://mediorural.xunta.es/

Artigo 2º.-Definicións.

Para os efectos desta orde entenderase por:

1. Explotación agraria: o conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente pola/s persoa/s titular/es no exercicio da actividade agraria, primordialmente con fins de mercado, e que constitúe en si mesma unha unidade técnico-económica.

2. Titular da explotación: a persoa física ou xurídica que exerce a actividade agraria, organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e as responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación.

3. Agricultor/a profesional: a persoa física que sendo titular dunha explotación agraria, polo menos o 50% da súa renda total proveña de actividades agrarias ou outras actividades complementarias, sempre e cando a parte da renda procedente da actividade agraria non sexa inferior ao 25% da súa renda total e o volume de emprego dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa igual ou superior á metade dunha unidade de traballo agrario (UTA).

4. Agricultor/a mozo/a: a persoa que fixese os dezaoito anos e non teña os corenta anos e exerza ou pretenda exercer a actividade agraria.

5. Pequena e mediana empresa (peme): empresa que ocupa menos de 250 personas e cun volume de negocio anual que non exceda os 50 millóns de euros ou cun balance xeral anual non superior a 43 millóns de euros (artigo 2º do anexo I do Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto).

6. Especial interese social: condición daquelas entidades que desenvolven as súas actividades propias nun subsector agrario especialmente sensible (horta, fruticultura e viña,...), e ao mesmo tempo son consideradas estratéxicas ben por razóns da súa dimensión ou ben pola súa particular localización e dispersión, en especial as localizadas en zonas de montaña, segundo o definido no artigo 36º letra a), punto i) do Regulamento CEE 1698/2005, do 20 de setembro (DO L 277, do 21 de outubro).

Sección primeira

Bases reguladoras

Artigo 3º.-Actividades subvencionables.

As actividades subvencionables son as seguintes:

1. Compra de maquinaria agrícola.

2. Adquisición, construción ou mellora de equipamentos, recollidos no Plan de Innovación Tecnolóxica no anexo VIII, incluídos os gastos xerais vinculados ao proxecto en honorarios profesionais para a elaboración de estudos, redacción de proxectos, etc.

3. Non serán subvencionables ao abeiro do Plan de Innovación Tecnolóxica as seguintes actividades:

a) As máquinas de uso xeneralizado na agricultura, tales como tractores, motocultores, remolques, equipamentos tradicionais de labra ou colleitadoras convencionais de cereais.

b) Almacéns polivalentes e edificacións gandeiras.

c) No caso de investimentos referidos a instalacións de rega, soamente se poderán considerar axudas para mellorar as instalacións existentes, mediante a incorporación de equipamentos para o seu control ou automatización e fertirrigación.

4. En ningún caso se subvencionarán:

a) A simple reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada. Tampoco se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos que sexan recuperables.

b) Os investimentos en maquinaria ou equipamento relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación, para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.

c) As subvencións á maquinaria e equipamentos de carácter agroforestal quedan restrinxidas á maquinaria incluída no Plan de Innovación Tecnolóxica necesaria para plantación, limpeza, roza, transporte, equipamentos de implementación da seguridade no conxunto da maquinaria utilizada, así como as máquinas e equipamentos necesarios para as prácticas culturais e silvícolas propias deste sector.

d) Non será subvencionable ningunha iniciativa nova de mecanización en común naquelas áreas onde o alto grao de implantación desta actividade poida ter xa cubertas as necesidades nesta materia.

Artigo 4º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde:

1. As cooperativas agrarias que teñen como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola, en diante CUMA, sociedades agrarias de transformación, en diante SAT, con obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola segundo o artigo 9º da Lei 5/1998, do 18 de decembro (DOG nº 251, do 30 de decembro), de cooperativas de Galicia, así como outras agrupacións con personalidade xurídica propia, e soamente para investimentos directamente relacionados coa súa actividade, nomeadamente as comunidades de regantes, asociacións de viticultores en terreos con pendente superior ao 15%, e asociacións de faba e de castaña.

2. O resto de cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario ou agroforestal para prestar servizos aos seus socios.

3. As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT, procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos cinco anos posteriores á súa constitución.

Artigo 5º.-Finalidade.

Os fins que se pretenden acadar con esta orde son os seguintes:

1. Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario ou agroforestal en réxime asociativo.

2. Promover a construción e/ou adquisición e utilización en réximen asociativo de certas edificacións e instalacións relacionados co proceso produtivo das explotacións agrarias.

3. Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

4. Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Artigo 6º.-Requisitos e obrigas comúns dos beneficiarios.

1. Cumprir cos requisitos para ser beneficiario recollidos no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Con carácter xeral o número mínimo de socios da entidade solicitante será de:

a) Seis socios nas CUMA e SAT, con obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal, e nas cooperativas agrarias recollidas nos puntos 1 e 2 do artigo 4º. Naquelas entidades en que estea xustificado por razóns do seu especial interese social, segundo a definición do artigo 2º desta orde, o número de socios poderá ser igual a catro.

b) Catro socios nas cooperativas de explotación comunitaria da terra, e tres socios nas SAT recollidas no punto 3 do artigo 4º, segundo a normativa específica para cada unha destas entidades.

c) Sete socios no caso de comunidades de regantes e asociacións de viticultores, de faba e de castaña formalmente constituídas.

3. Xustificar a necesidade e viabilidade dos investimentos segundo a documentación requirida nos puntos 9) e 10) do artigo 14º. As entidades beneficiarias non poden vender, doar nin ceder en uso os bens obxecto de subvención antes de cinco anos ou de que remate o seu prazo de amortización, salvo por causa técnica xustificada e acreditada documentalmente, en concordancia co artigo 29º da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

4. No caso das construcións, deberán presentar no momento da solicitude licenza de obra ou, no seu defecto, solicitude dela e cualificación urbanística da parcela emitida polo concello onde se pretenda construír, e compromiso de presentar a licenza definitiva de obra antes da resolución de concesión da axuda.

5. No caso de adquisición do inmoble, certificado de taxador independente, debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, do valor do inmoble, entendendo que só se subvencionarán aqueles que se destinen exclusivamente para os conceptos subvencionables recollidos nesta orde.

6. En todos os casos de construcións ou instalacións fixas e equipamento vinculado a elas, deberán presentar copia cotexada da licenza de actividade municipal ou documentación acreditativa equivalente.

7. Toda a maquinaria propiedade das entidades beneficiarias é para uso exclusivo dos seus socios nas súas explotacións. Para favorecer unha maior eficiencia na súa utilización, poderase compartir a maquinaria entre varias entidades que suscriban entre si acordos de cooperación e/ou servizos a terceiros, sempre que non superen o 40% do total das actividades realizadas.

8. As CUMA e as SAT, con obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, e as cooperativas agrarias recollidas nos puntos 1 e 2 do artigo 4º están obrigadas a levar ao día un libro de rexistro da súa maquinaria, así como un programa de control e xestión específico para esta, que lles permita establecer e analizar os seus custos.

9. A maquinaria obxecto de axuda deberá estar inscrita no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) e matriculada cando a tipoloxía da máquina o requira.

10. No caso de investimentos vinculados á fase de produción agraria, non inscritibles no ROMA, deberán presentar documentación acreditativa da súa homologación.

11. Os beneficiarios non poden ter sido sancionados pola Consellería do Medio Rural por infracións relacionadas cas actividades e investimentos obxecto da solicitude de axuda, no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, dous anos se a infracción foi cualificada como grave e tres anos se foi cualificada como moi grave.

Artigo 7º.-Requisitos adicionais para as entidades beneficiarias de axudas financiadas ao abeiro do Plan de Innovación Tecnolóxica recollido no anexo VIII.

1. Non poderán obtener a condición de beneficiarios aqueles solicitantes en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 di artigo 13º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2. Os beneficiarios deberán, así mesmo:

a) Ter a condición de peme conforme o anexo I do Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común, en aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

b) Non ter a consideración de empresa en crise.

c) Acreditar ou, se é o caso, presentar declaración de estar ao día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, conforme a normativa vixente.

d) Non ter sido sancionado por delitos ou infraccións ambientais ou contra a facenda pública.

e) Cumprir as normas comunitarias aplicables aos investimentos de que se trate, como establece o artigo 26º do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, relativo ás axudas ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

f) Comprometerse a non allear a máquina ou o equipamento agrario para o cal se solicitou a axuda durante un período de cinco anos a partir da súa adquisición. No caso de incumprimento, o beneficiario deberá reintegrar ao Tesouro Público o importe obtido e os xuros correspondentes, salvo que a Administración concedente outorgue a autorización nos termos previstos polo artigo 31º.5 b) da Lei xeral de subvencións.

Artigo 8º.-Requisitos específicos para as CUMA e SAT que teñan como obxecto social prioritario a adquisición e utilización en común de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal.

1. Nas entidades de nova constitución a maioría dos seus socios teñen que ser agricultores profesionais, agás que por razóns do seu especial interese social, segundo a definición do artigo 2º desta orde, estea xustificado non ter en conta esta limitación.

2. Os socios deberán permanecer na entidade un mínimo de cinco anos, coa excepción dos supostos de baixa xustificada previstos nos seus estatutos.

3. As entidades deberán establecer no seu regulamento de réxime interno (RRI) as medidas de carácter económico en que se determine o modelo de imputación dos custos fixos, en función do uso da maquinaria e tendo en conta os criterios establecidos no estudo técnico-económico de viabilidade, así como as medidas de carácter funcional.

4. Os socios da entidade están obrigados a utilizar nas súas explotacións os bens obxecto da axuda, por un período mínimo de cinco anos, nos termos establecidos e asinados no RRI.

Artigo 9º.-Requisitos específicos para as cooperativas agrarias.

1. As cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria ou que presten servizo de maquinaria agrícola e/ou agroforestal aos seus socios procurarán que os servizos ofertados cheguen á maior parte dos socios e, salvo razóns de extraordinaria inviabilidade económica ou material, a todos os socios que así o demanden, con prioridade aos agricultores profesionais.

2. Estas entidades asociativas deberán establecer as medidas de carácter económico nas cales se determine o modelo de imputación dos custos fixos en función do uso da maquinaria e as normas internas de funcionamento, que terán que ser necesariamente coñecidas polo conxunto dos socios e suficientes para garantir a continuidade do servizo de maquinaria e favorecer a súa viabilidade económica e funcional.

3. Estas entidades asociativas deberán acreditar un importe neto da cifra de negocio anual de, polo menos, 600.000 euros, agás que por razóns do seu especial interese social, segundo a definición do artigo 2º desta orde, estea xustificado non ter en conta este requisito.

Artigo 10º.-Conceptos subvencionables e contía económica das axudas ás CUMA e SAT, con obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal, e cooperativas agrarias, así como comunidades de regantes e asociacións de viticultores, de faba e de castaña recollidas nos puntos 1 e 2 do artigo 4º.

Con carácter xeral, exceptuando aqueles casos en que se indica outra porcentaxe, a intensidade máxima de axuda non superará o 40% do investimento auxiliable, agás se a entidade está localizada nunha zona desfavorecida, definida no artigo 50º do Regulamento CEE 1698/2005, do 20 de setembro (DO L 277, do 21 de outubro), caso en que a axuda poderá acadar o 50% do investimento auxiliable.

1. Adquisición de maquinaria agrícola.

a) No caso das CUMA e SAT, con obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, e cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria recollidas no punto 1 do artigo 4º, así como comunidades de regantes e asociacións de viticultores, de faba e de castaña, a porcentaxe de axuda con carácter xeral será de ata o 35% en zona ordinaria, ata o 40% en zonas desfavoreciadas, e dentro destas, nas de montaña ata o 45%.

b) Para as cooperativas agrarias recollidas no punto 2 do artigo 4º, a axuda con carácter xeral será de ata o 35% do investimento auxiliable en zona ordinaria, e de ata o 40% en zonas desfavorecidas.

2. Gastos en estudos técnico-económicos de viabilidade sobre os investimentos obxecto de axuda ata un máximo de 2.000 euros de subvención. Cando a dimensión do proxecto e a complexidade da análise sexan elevados, a subvención máxima poderá chegar ata un máximo de 2.500 euros.

3. Construción ou adquisición de almacéns para maquinaria e investimentos relacionados con estes, así como o equipamento básico de taller para labores de mantemento e reparación:

O investimento auxiliable máximo por metro cadrado construído, incluídas todas as instalacións básicas, non superará a contía de 130 euros/m2, esta contía poderá incrementarse nun 35% cando o material de construción sexa maioritariamente a madeira. Os investimentos relacionados con este, tales como instalacións conexas necesarias para o desenvolvemento da actividade (oficinas, vestiarios, sala de xuntas, equipamento para taller,…), pavimentacións exteriores, pechamentos perimetrais, etc. serán considerados segundo as facturas pro forma ou orzamentos presentados, e computaranse á parte do módulo previsto.

4. Construción ou adquisición de instalacións para a almacenaxe e distribución de combustible para uso propio da entidade e para o servizo dos seus asociados, e adquisición de equipamento para o mesmo fin.

5. Construción ou adquisición de instalacións e equipamento para o lavado da maquinaria e apeiros para uso propio da entidade e para o servizo dos seus asociados.

6. Construción de balsas de xurro de carácter comunitario co fin de favorecer o seu uso como fertilizante de xeito eficiente, e de modo correcto desde o punto de vista agrario e ambiental.

7. Instalacións e equipamento de sistemas mecánicos patentados e homologados, en terreos de produción vitícola cunha pendente maior do 15%, para o transporte de produtos vinculados á fase da produción, sempre e cando resulten beneficiados por este investimento polo menos dous viticultores.

8. Maquinaria, instalacións e equipamento no ámbito da produción agraria, que desenvolven as comunidades de regantes, asociacións de viticultores en zonas de pendente maior do 15%, de castaña e de faba.

9. Instalacións fixas e equipamentos para silos destinados á almacenaxe de fertilizantes a granel.

10. Construción e/ou adquisición de instalacións para o almacenamento de forraxes ensiladas para grupos de explotacións próximas ou estremeiras, nas seguintes condicións:

a) Con caráter xeral, polo menos o 70% das instalacións das explotacións integrantes do proxecto de silos en común atoparase nun raio de 2 km, sen superar en ningún caso os 3 km. Así mesmo o 70% da SAU estará dentro dun raio de 3 km do centro de ensilaxe.

b) O investimento máximo suxeito a subvención por metro cúbico construído non superará a contía de 40 euros.

11. Gastos vinculados aos puntos anteriores: honorarios de proxecto, dirección e certificación final de obra, e programas informáticos específicos de maquinaria, preferentemente o Agromaq XM, cos seguintes límites máximos:

a) Honorarios de proxecto: o investimento auxiliable máximo será do 3% do orzamento do proxecto en obra civil.

b) Dirección e certificación final de obra: o investimento auxiliable máximo será do 2% do orzamento do proxecto en obra civil.

c) Programas informáticos: ata un máximo de 1.000 euros de subvención.

12. A subvención poderá chegar ata un máximo de 150.000 euros por entidade beneficiaria.

Artigo 11º.-Conceptos subvencionables e contía económica das axudas ás cooperativas de explotación comunitaria da terra e SAT procedentes de fusión, recollidas no punto 3 do artigo 4º.

1. Adquisición de maquinaria agrícola:

a) Con carácter xeral, exceptuando aqueles casos en que se indica outra porcentaxe, a intensidade da axuda será do 35% do investimento auxiliable en zona ordinaria, e do 45% en zona desfavorecida.

b) A subvención máxima para o conxunto de investimentos non poderá superar os 20.000 euros por explotación fusionada, e poderase incrementar nun 10% cando a metade dos socios da entidade resultante da fusión sexan agricultores mulleres ou mozos, segundo a Lei 19/1995, do 4 de xullo (BOE nº 159, do 5 de xullo), de modernización de explotacións.

2. Gastos en estudos técnico-económicos de viabilidade sobre os investimentos obxecto de axuda ata un máximo de 600 euros de subvención.

Artigo 12º.-Criterios de valoración.

A dispoñibilidade orzamentaria da convocatoria limitará o número de expedientes que se aprobarán; para iso ordenaranse as solicitudes presentadas de acordo cos criterios de valoración indicados neste artigo, e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible.

Para a seleción das peticións que se aprobarán, teranse en conta os seguintes criterios:

1. Atendendo a tipoloxía da entidade solicitante:

a) Cooperativa agraria con sección específica de maquinaria ou CUMA: 6 puntos.

b) Cooperativa agraria con servizo de maquinaria: 5 puntos.

c) SAT que teña por obxecto social prioritario a utilización de maquinaria agrícola en común: 4 puntos.

d) SAT procedente de fusión ou cooperativa de explotación comunitaria da terra: 3 puntos.

e) Asociacion de viticultores en terreos de máis do 15% pendente, de faba e de castaña: 1 punto.

2. Atendendo a súa localización e actividade:

a) Subsector agrario especialmente sensible ou que desenvolve a súa actividade en zona de montaña: 3 puntos.

b) Outras zonas desfavorecidas: 1 punto.

3. Atendendo a porcentaxe de mulleres que integren o consello reitor da entidade solicitante:

a) Do 40% ao 50%: 1 punto.

b) Superior ao 50%: 3 puntos.

4. Atendendo a tipoloxía do investimento maioritario:

a) Maquinaria orientada a favorecer a utilización de fertilizantes orgánicos así como aquelas que substitúan os labores de monda química: 6 puntos.

b) Maquinaria de preparación, fertilización, sementeira, colleita, almacenamento, distribución de forraxes e de aplicación de fitosanitarios, maquinaria agroforestal, maquinaria, instalacións e equipamentos propios das actividades no ámbito da produción agraria, que desenvolvan as comunidades de regantes e asociacións de viticultores, castaña e de faba: 5 puntos.

c) Adquisición de cisternas e batedores de xurro, separadores de esterco sólido/líquido, e outras tecnoloxías aplicadas á utilización agronómica de xurros e estercos: 4 puntos.

d) Construción ou adquisición de almacéns de maquinaria e instalacións conexas necesarias, instalacións de almacenaxe e distribución de combustibles, instalacións de lavado de maquinaria, instalacións para o almacenamento de forraxes ensiladas e construción de balsas de xurro, e o seu equipamento: 3 puntos.

En caso de igualdade na aplicación do baremo, concederase axuda ao solicitante que non recibiu unha subvención regulada pola Orde do 26 de maio de 2010 sobre as axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia. Se aínda persiste o empate, terase en conta, en segundo lugar, a maior puntuación obtida no criterio de valoración referente á tipoloxía da entidade solicitante, se aínda así persiste o empate, terase en conta a maior puntuación obtida no criterio referente á tipoloxía do investimento maioritario, e por último se aínda continúa o empate, terase en conta o maior número de socios da entidade asociativa.

5. Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actividades que vaia desenvolver o solicitante e o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior ao que figura na solicitude presentada, instarase o beneficiario para que reformule a súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvencion outorgable.

Artigo 13º.-Solicitudes.

1. As solicitudes de axuda presentaranse segundo o modelo que se xunta, que se compón dos seguintes anexos:

a) Anexo I: instancia de solicitude.

b) Anexo II: relación das liñas de axuda solicitadas.

c) Anexo III: relación de documentación xeral que se achega.

d) Anexo IV: relación de documentación específica que se achega, para as CUMA e SAT, con obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, e cooperativas agrarias recollidas nos parágrafos 1 e 2 do artigo 4º, que se achega.

e) Anexo V: certificación do acordo de solicitude de subvención.

f) Anexo VI: certificación dos compromisos e obrigas exixidos na orde.

g) Anexo VII: declaración dos compromisos dos socios das entidades recollidas no artigo 4º punto 1.

h) Anexo VIII: investimentos incluídos no Plan de Innovación Tecnolóxica.

i) Anexo IX: declaración do tipo de empresa e solvencia economica.

j) Anexo X: declaración de solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade.

2. As solicitudes deben vir debidamente cubertas e asinadas polo presidente/a ou polo representante legal da entidade peticionaria. Os anexos é imprescindible cubrilos correctamente na súa totalidade. Coas solicitudes achegarase a documentación que se detalla nos artigos 13º, 14º e 15º desta orde, segundo corresponda.

3. No caso das entidades que estean en trámite de constitución, a solicitude de axuda poderá facela a comisión promotora, que estará formada, polo menos, por tres membros, actuando un deles como presidente e outro como secretario, acompañada da solicitude de inscrición da entidade no rexistro correspondente e compromiso de presentar a documentación que acredite a efectiva inscrición no rexistro oficial. A aprobación da axuda queda condicionada, en todo caso, á constitución efectiva da entidade no período previo á resolución.

4. As solicitudes dirixiranse ao conselleiro do Medio Rural. Presentaranse preferentemente no rexistro xeral da Xunta de Galicia nos servizos centrais, ou do xeito previsto no artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro). No caso de envío por correo, farase de acordo co regulamentariamente previsto no artigo 31º do Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regula a prestación dos servizos postais, en desenvolvemento do establecido na Lei 24/1998, do 13 de xullo, do servizo postal universal e de liberalización dos servizos postais, que se presentará en sobre aberto, co obxecto de que na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar se faga constar, con claridade, o nome da oficina e a data, o lugar, a hora e minuto da súa admisión.

5. Non se admitirán como subvencionables os investimentos realizados ou iniciados con anterioridade á presentación da solicitude de axuda. No caso de instalacións fixas e construcións, non se admitirán como subvencionables os investimentos realizados ou iniciados con anterioridade á confirmación por escrito por parte desta consellería de que o proxecto cumpre as condicións de subvencionabilidade, co fin de autorizar o inicio das obras de instalacións fixas e construcións. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento o comezo do traballo de construción ou o primeiro compromiso que obriga legalmente á realización dos investimentos. Porén, non se considerará inicio do investimento a realización do proxecto ou estudos de viabilidade previos, que serán subvencionables se están realizados con posterioridade á publicación desta orde, e cumpren o resto dos requisitos establecidos nela.

6. A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado suporá a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que teñan que emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, segundo o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

7. Así mesmo, de acordo co establecido na disposición primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo (DOG nº 53, do 9 de agosto), de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

8. Porén, quedan exentas de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas as axudas que se conceden con cargo aos programas orzamentarios en que así se sinale na correspondente Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma Galicia para o ano 2011, os beneficiarios das axudas que non superen un importe de 1.500 euros.

Artigo 14º.-Documentación xeral.

1. Copia cotexada do CIF da entidade solicitante.

2. No caso de novas entidades que presenten por primera vez solicitudes de axudas, copia cotexada da escritura de constitución, estatutos e inscrición rexistral. Se se encontrara en fase de constitución, presentarase a composición da comisión promotora e solicitude de inscrición no rexistro ou, se é o caso, solicitude da cualificacion previa dos estatutos antes da finalización do prazo de presentación de solicitude de axuda, en todo caso, a concesión queda condicionada á constitución efectiva da entidade.

3. Copia da declaración do imposto de sociedades dos tres últimos exercicios económicos. No caso das entidades de nova constitución, presentarán copia cotexada do impreso de alta no censo de actividades económicas.

4. Declaración da entidade do tipo de empresa (peme, empresa intermedia ou grande empresa) e a súa solvencia económica, segundo o anexo IX a esta orde.

5. Copia do balance e conta de resultados dos derradeiros tres anos e do TC2 da empresa, debidamente cotexados.

6. As entidades solicitantes presentarán copia cotexada ou certificación da acta da reunión do consello reitor, segundo o modelo do anexo V, en que se:

a) Aproba realizar os investimentos para os cales se vai pedir a subvención.

b) Acorda solicitar a subvención.

c) Autoriza a persoa encargada dos trámites.

7. Certificación da entidade solicitante, segundo o modelo do anexo VI, sobre os seguintes aspectos:

a) Cumprimento dos requisitos necesarios para acollerse a esta orde de axudas, así como das obrigas e compromisos que se establecen nos artigos 6º, 7º, 8º e 9º, segundo o tipo de beneficiario

b) Autenticidade dos datos facilitados e da documentación presentada.

c) Compromiso de facilitar a documentación complementaria que se poida requirir, así como de permitir as comprobacións e inspeccións que, para o efecto, esta Administración considere oportunas.

d) Compromiso da entidade asociativa de que os investimentos subvencionados só se utilizarán nas explotacións que cumpran as normas mínimas comunitarias en materia de ambiente, hixiene e benestar animal.

8. Declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda, efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas, segundo o anexo X desta orde.

9. Memoria xustificativa asinada polo presidente/a ou representante legal da entidade que inclúa, como mínimo e na mesma orde, os seguintes puntos:

a) Situación actual: actividades que se desenvolven, marco xeográfico, datos básicos da estrutura das explotacións dos socios beneficiados, características da maquinaria e equipamentos existentes, instalacións dispoñibles, tipo de manexo e aproveitamento da superficie agraria útil (SAU) e rabaño gandeiro, etc.

b) Relación nominal dos socios e, de ser o caso, dos agricultores aos cales se lles vai prestar o servizo, incluíndo NIF, enderezo e condición de socio ou non socio.

c) No caso de entidades ás cales lles afecten as excepcionalidades recollidas nos artigos 6º.2, 8º.1 e 9º.3 deberán recoller a dita xustificación na memoria.

10. Estudo técnico-económico de viabilidade, en concordancia coa memoria, elaborado por técnico ou equipo técnico competente e formalmente independente da entidade solicitante que, polo menos, na súa vertente técnica deberá ser asinado por un titulado universitario na rama agraria, debendo acreditarse documentalmente. O estudo deberá xustificar a mellora do rendemento global das explotacións agrícolas beneficiarias do investimento ou servizo obxecto de axuda, e incluirá, por esta orde, os seguintes puntos:

a) Investimentos que se realizarán, con base na xustificación da súa necesidade.

b) Descrición técnica.

c) Carga de traballo prevista.

d) Rendementos previstos.

e) Orzamento desagregado.

f) Custos horarios.

g) Financiamento previsto.

h) Análise económica da súa viabilidade, que inclúa, como mínimo, indicadores económicos básicos e análise comparativa cos custos de mercado.

11. Certificación bancaria asinada e orixinal do número de conta en que se solicita o ingreso da subvención.

12. De acordo co artigo 29º da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia, cando o importe do investimento subvencionable supere a contía de 30.000,00 euros no caso de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá presentar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á entrega do ben ou á contratación do compromiso para a prestación do servizo, agás nos casos en que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

A eleción destas ofertas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección, cando esta non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 15º.-Documentación específica para as CUMA e SAT, con obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, e cooperativas agrarias, recollidas nos puntos 1 e 2 do artigo 4º.

1. Copia cotexada do acordo asembleario en que se acorda o RRI, así como copia literal deste.

2. As entidades asociativas agrarias que xa solicitaron axudas para o mesmo fin en exercicios anteriores deberán presentar:

a) Copia cotexada do libro de rexistro da maquinaria, así como do programa de control e xestión desta, en soporte dixital, correspondente ao ano anterior á solicitude, que inclúa xustificación da imputación de custos fixos.

b) Relación informatizada de usuarios dos servizos de maquinaria da entidade, especificando a súa condición de socios ou non socios e o importe facturado a cada un deles.

3. No caso de CUMA e SAT, con obxecto social prioritario a adquisición e utilización en común de maquinaria de carácter agropecuario e agroforestal, que sexan de nova creación, xustificación acreditativa de que máis do 50% dos socios que utilizan os servizos obxecto de axuda son agricultores profesionais, mediante algún dos seguintes documentos:

a) Fotocopia cotexada da última declaración do IRPF e da cotización á Seguridade Social no réxime especial agrario ou no réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, en función da súa actividade agraria ou outras acreditadas coa presentación do informe de vida laboral. Así mesmo presentarán documentación acreditativa de seren titulares de explotación.

b) Certificación de que a súa explotación está cualificada como prioritaria.

c) Quedan exceptuadas as entidades en que estea xustificado non ter en conta este requisito, por razón do seu especial interese social, segundo a definición do punto 6 do artigo 2º desta orde.

4. As entidades asociativas agrarias que formen parte ou participen en proxectos de integración deberán acreditar a constitución efectiva da nova entidade asociativa e o proceso levado a cabo. No caso de intercooperación presentarán convenio ou acordo que recolla os requisitos establecidos nesta orde e no cal se establece o marco de cooperación na utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal, para poderen solicitar e beneficiarse das axudas que se establecen nesta orde.

5. Nas CUMA e SAT que teñan como obxecto social prioritario a adquisición e utilización en común de maquinaria de carácter agropecuario e agroforestal, os socios deberán presentar un documento de compromiso, asinado polo interesado, de utilización dos bens obxecto da axuda por un período mínimo de cinco anos desde a data de concesión da axuda, segundo anexo VII.

6. No caso de construcións, incluída a obra civil ligada ás instalacións, presentarase memoria, anteproxecto ou proxecto que inclúan como mínimo unha desagregación do investimento por unidades de obra, o seu custo unitario e os planos necesarios para a súa definición. Así mensmo, deberán presentar no momento da solicitude licenza de obra ou, no seu defecto, solicitude dela e cualificación urbanística da parcela emitida polo concello onde se pretenda construír, e compromiso de presentar a licenza definitiva de obra antes da resolución de concesión da axuda.

7. No caso de adquisición de inmobles presentarase certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, acompañada de plano de localización e referencia do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac).

8. No caso de construcións, instalacións fixas e equipamento vinculado a elas, licenza municipal ou documentación acreditativa equivalente.

9. No caso de investimentos en maquinaria e equipamento non inscritible no ROMA, deberán presentar documentación acreditativa da súa homologación.

10. No caso de investimentos recollidos nos puntos 6 e 10 do artigo 10º, estudo técnico detallado da súa localización, dimensionamento e modo de xestión, baseado nos datos propios do conxunto das explotacións participantes (superficie agraria útil SAU, número de animais e a súa equivalencia en unidades de gando maior UGM, modo de manexo...), que no caso da utilización dos xurros debe reflectir o modelo de xestión baseado no manexo da SAU e na capacidade de extracción dos cultivos previstos, e acompañado da documentación acreditativa correspondente.

Artigo 16º.-Documentación específica para as cooperativas de explotación comunitaria da terra e SAT procedentes de fusión, recollidas no punto 3 do artigo 4º.

1. Relación das explotacións participantes na fusión e certificado acreditativo da titularidade destas.

2. No caso de que o 50% ou máis dos socios da entidade resultante sexan agricultores mulleres ou mozos, relación con nome, apelidos e número de DNI.

Artigo 17º.-Tramitación.

1. As unidades administrativas receptoras remitirán no prazo máis breve posible as solicitudes de axuda recibidas á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, para que o servizo competente comprobe que a solicitude e a documentación presentada reúnen os requisitos exixidos nesta orde e que as actuacións e investimentos incluídos na solicitude de axuda non se iniciaron fóra dos prazos permitidos pola normativa vixente.

2. Se os impresos de solicitude non están debidamente cubertos, se non se achega a documentación establecida ou se o expediente presenta defectos corrixibles, requirirase o interesado para que nun prazo máximo de dez días emende os erros ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non facelo, terase por desistido da súa petición, logo de resolución, de conformidade co disposto no artigo 71º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro).

3. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de axudas é a Direción Xeral de Produción Agropecuaria. A avaliación das solicitudes levarase a cabo por un órgano colexiado composto polo xefe do Servizo de Mellora da Competitividade das Producións, un xefe de área ou sección e un xefe de negociado, que actuará como secretario. O órgano colexiado valorará as solicitudes de axuda segundo os criterios establecidos e formulará proposta de concesión ao director xeral de Produción Agropecuaria que, pola súa vez, a elevará ao conselleiro do Medio Rural.

Artigo 18º.-Resolución.

1. O conselleiro do Medio Rural resolverá sobre as axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

2. O prazo para resolver o procedemento será de nove meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. Tanscorrido este prazo, sen que sexa notificada esta resolución, os interesados poderán entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención.

3. Seguidamente notificaráselles ás entidades asociativas beneficiarias a resolución de concesión da subvención e o seu importe, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, así como en función das solicitudes presentadas e da dotación orzamentaria existente. De todas as formas, o pagamento queda supeditado á súa correcta xustificación. Nos casos en que proceda, cómpre informar os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, e o eixe prioritario do programa de desenvolvemento rural de que se trate.

Artigo 19º.-Compatibilidade con outras axudas e contía máxima.

1. As subvencións reguladas por esta orde son compatibles con calquera outra axuda das administracións públicas, ou outros entes públicos ou privados, coa limitación do 50% nas zonas desfavorecidas ou nas indicadas no artigo 36, letra a), incisos i), ii) e iii), do Regulamento CEE 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro de 2005. Así mesmo, teranse en conta as limitacións establecidas no Regulamento (CE) 1857/2006 da Comisión, do 15 de decembro, sobre a aplicación dos artigos 87º e 88º do Tratado ás empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas e polo que se modifica o Regulamento (CE) 70/2001, e sempre que non se superen os límites especificados no artigo 4º.9 do citado regulamento.

2. Non entanto, a obtención concorrente de axudas outorgadas para a mesma finalidade por todas as administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cando o importe total das subvencións percibidas por cada beneficiario supere os ditos límites, dará lugar á redución proporcional que corresponda no importe das subvencións, ata axustarse a ese límite.

Se aínda así a suma das subvencións supón unha intensidade da axuda superior aos máximos establecidos na normativa comunitaria, reducirase ata o citado límite.

Artigo 20º.-Xustificación e pagamento.

1. Os investimentos en obras, instalacións ou equipamento, por razón das particularidades na súa execución, poden exceder o período do propio exercicio orzamentario, polo cal o gasto correpondente poderá ter carácter plurianual.

2. O beneficiario deberá xustificar o investimento conforme a resolución de concesión e poderá solicitar os correspondentes pagamentos da axuda.

3. No caso das axudas concedidas con cargo ao Feader, os beneficiarios deberán levar un sistema de contabilidade separado, ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á operación tal e como exixe o artigo 75º.1 c) i) do Regulamento (CE) 1698/2005

4. A xustificación do gasto correspondente aos investimentos subvencionables deberase realizar segundo o prazo establecido na resolución de concesión, e antes do 15 de outubro de cada anualidade. O beneficiario poderá solicitar unha prórroga motivada antes de vencer o prazo para a xustificación que deberá ser concedida polo órgano responsable da xestión da axuda.

5. As subvencións concedidas faranse efectivas mediante pagamentos nominativos a favor dos beneficiarios, unha vez que acrediten as actividades, investimentos e gastos realizados, de acordo co que se especifica no texto desta orde e na correspondente resolución de concesión.

6. Para efectuar o pagamento da axuda concedida é necesario que as entidades beneficiarias presenten a solicitude de pagamento acompañada da seguinte documentación:

a) Facturas orixinais, marcaranse cun selo en que se indique nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso a contía exacta que resulta afectada pola subvención, e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa que xustifiquen os gastos e investimentos realizados. Tamén se achegará transferencia bancaria, certificación ou calquera outro documento, orixinal ou cotexado, que acredite fidedignamente o seu pagamento efectivo. Non se admitirán procedementos de financiamento mediante leasing ou renting.

b) Declaración do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes, segundo artigo 12º letra d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

c) Copia cotexada da inscrición de todas as máquinas, apeiros e equipamentos no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola, así como da súa documentación técnica e matriculación cando corresponda.

d) Calquera outra que se sinale expresamente na resolución de concesión.

7. O pagamento da subvención realizarase logo de xustificación polo beneficiario, nos termos recollidos neste artigo, logo de presentación de solicitude de pagamento. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33º da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño) de subvencións de Galicia.

8. Poderanse efectuar pagamentos parciais á conta se o beneficiario da axuda xustifica un investimento parcial respecto da subvención concedida, de acordo co punto 1 do artigo 62º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG nº 20, do 29 de xaneiro), polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9. Os pagamentos anteriores ao pagamento final terán o carácter de pagamentos parciais. Cando se tramite un pagamento parcial, o solicitante deberá presentar con anterioridade ao pagamento da axuda, unha garantía constituída por seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que deberá acadar como mínimo ata os dous meses seguintes ao remate do prazo de xustificación previsto nas bases reguladoras ou na resolución de concesión da axuda. Quedan exonerados da constitución de garantía os beneficiarios que soliciten pagamentos parciais por unha cantidade acumulada que non supere os 18.000 euros.

10. A garantía deberá cubrir o importe do 110% das cantidades aboadas á conta calquera que sexa o prazo de xustificación previsto na convocatoria. As garantías serán liberadas unha vez comprobada a realización da actividade ou proxecto para o que se concedeu a subvención.

11. As garantías deberán constituírse na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia ou nas súas sucursais, situadas nas delegacións territoriais da consellería competente en materia de economía e facenda.

12. A falta de comunicación ou de realización dos investimentos entenderase como renuncia ás axudas concedidas, e quedará sen efecto a resolución de concesión, coa obriga de reintegrar as cantidades percibidas, e os xuros de demora correspondentes, de ser o caso, sen prexuízo das responsabilidades que procedan.

13. A non xustificación de polo menos o 40% do gasto correspondente ao conxunto dos investimentos suxeitos a subvención comportará a perda da totalidade da subvención.

14. No caso de redución da contía de gastos realizados, e sempre que se manteña o obxectivo inicial, reducirase a axuda na contía proporcional correspondente, sen prexuízo do recollido no punto anterior deste artigo.

15. A xustificación do gasto presentarase preferentemente no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou do xeito previsto no artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro). No caso de envío por correo, farase de acordo co regulamentariamente previsto no artigo 31º do Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro (BOE nº 380, do 23 de novembro), polo que se aproba o regulamento polo que se regula a prestación dos servizos postais, en desenvolvemento do establecido na Lei 24/1998, do 13 de xullo (BOE nº 167, do 14 de xullo), do servizo postal universal e de liberalización dos servizos postais, que se presentará en sobre aberto, co obxecto de que na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar se faga constar, con claridade, o nome da oficina e a data, o lugar, a hora e minuto da súa

admisión.

16. A consellería comprobará que a solicitude de pagamento cumpre os requisitos para aboar a subvención concedida. A comprobación incluirá como mínimo unha inspección in situ dos investimentos realizados para cada expediente de axuda.

17. O importe final das axudas concedidas calcularase en función das facturas e demais xustificantes e documentación que se presente ao respecto, unha vez descontado o IVE. Se os gastos totais xustificados son inferiores aos orzados e admitidos, practicarase a redución proporcional pertinente, sempre que se cumprisen os obxectivos previstos.

18. Se o importe da solicitude de pagamento supera o importe que pode concederse logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada en máis dun 3 %, aplicarase unha redución sobre o importe resultante do estudo da elixibilidade igual á diferenza entre os dous importes citados. No entanto, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable

Artigo 21º.-Seguimento e control.

1. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención, incluída a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á correspondente modificación da resolución de concesión.

2. Calquera modificación dos investimentos aprobados, que supoña un cambio de localización, obxectivos, conceptos, prazo de execución ou variación do orzamento, así como de calquera condición específica sinalada na resolución de concesión, requirirá a autorización desta consellería, unha vez presentada a correspondente solicitude xustificativa. No caso de redución dos investimentos, sempre que se manteñan os obxectivos iniciais, a subvención concedida verase diminuída na contía proporcional conseguinte.

3. A Direción Xeral de Produción Agropecuaria realizará os controis sobre o terreo así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas, co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas, en especial a contabilidade e/ou a xestión técnico-económica da maquinaria. Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos correspondentes da Direción Xeral de Produción Agropecuaria, os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes, e en particular da Consellería do Medio Rural, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), Consello de Contas, e ás que sexan realizadas por calquera órgano comunitario de inspeción ou control.

4. Así mesmo, no caso de axuda a investimentos financiados no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, será de aplicación o referido a controis sobre o terreo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas no Regulamento (CE) 1975/2006 da Comisión, do 7 de decembro (DO L 368, do 23 de decembro), polo que se establecen disposicions de aplicación do Regulamento CE 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005 (DO L 277, do 21 de outubro), no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas da axuda ao desenvolvemento rural.

5. Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, a operación de que se trate quedará excluída da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes que se aboaron pola devandita operación. Ademais, o beneficiario quedará excluído da axuda pola medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

Artigo 22º.-Reintegro da axuda, obriga de facilitar información e réxime sancionador.

1. Os beneficiarios quedan obrigados ao reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora devengados desde o tempo que medie entre a notificación de resolución do procedemento de reintegro e o seu reembolso efectivo, nos supostos previstos no artigo 37º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, do 18 de novembro), e no artigo 33º da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia, tendo en conta as excepcións contidas.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infracións e sancións previsto nos artigos 50º a 68º da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia, e, de ser o caso no Regulamento (CE) 1975/2006 da Comisión, do 7 de decembro (DO L 368, do 23 de decembro), en particular o establecido no artigo 31º do citado regulamento.

3. O interesado ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como as que lle solicite calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 23º.-Medidas informativas e publicitarias das axudas cofinanciadas polo Feader.

No caso de axuda a investimentos cofinanciados por fondos Feader será de obrigatorio cumprimento o seguinte:

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural farase constar que, á marxe doutras fontes de financiamento público, concorre o financiamento con fondos Feader.

2. Conforme o establecido no artigo 58º e no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo VI do referido regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 euros, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa en que figurará unha descrición do proxecto así como a bandeira europea e o lema Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste nas zonas rurais; no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 500.000 euros, o beneficiario deberá colocar un valo no que figurará a mesma lenda anterior. En ambos os casos esta imformación ocupará, como mínimo, o 25% da placa ou valo publicitario correspondente.

Artigo 24º.-Réxime de recursos.

1. A convocatoria desta axuda, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro).

2. As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta orde esgotan a vía administrativa, e contra elas poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación se é expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos; ou ben poderá ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Sección segunda

Convocatoria

Artigo 25º.-Convocatoria.

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas nesta orde, as axudas para o ano 2011.

Artigo 26º.-Prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 27º.-Financiamento.

As axudas concedidas financiaranse con cargo á seguinte partida orzamentaria:

Aplicación 13.02.713-C.770.2, dotada con fondos finalistas do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, por un importe de 25.000 € para o exercicio 2011; con cargo a esta partida só se subvencionarán entidades coa categoría de peme e aqueles investimentos incluídos no Plan de Innovación Tecnolóxica, recollidos no anexo VIII desta orde.

Poderanse utilizar, así mesmo, outros remanentes que poidan existir nas mesmas aplicacións, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

As devanditas aplicacións orzamentarias poderán ser incrementadas con fondos adicionais estatais, desta comunidade autónoma e comunitarios cofinanciados co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

Disposicións adicionais

Primeira.-En todo aquilo non previsto nesta orde será de aplicación o disposto no Regulamento 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005 (DO L 277, do 21 de outubro), relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no Regulamento 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro (DO L 368, do 23 de decembro), polo que se establecen disposicións de aplicación do anterior, no Regulamento 1975/2006, da Comisión, do 7 de decembro (DO L 368, do 23 de decembro), polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro de 2005 (DO L 277 do 21 de outubro), no que respecta á aplicación dos procedementos de control e condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural, no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 aprobado pola Unión Europea, na Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia, así como no

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG nº 20, do 29 de xaneiro) polo que se aproba o regulamento da citada lei. Ao Real decreto 456/2010, polo que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción de novas tecnoloxías en maquinaria e equipamentos agrarios, as axudas financiadas polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.

Segunda.-De conformidade co artigo 13º.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño (DOG nº 121, do 14 de xullo), de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

Así mesmo, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo (DOG nº 53, do 9 de agosto), de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso. O interesado poderá facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do punto 2 do artigo 15º da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural para que, no ámbito das súas competencias, dite os actos necesarios para a correcta aplicación, desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural

Ver referencia pdf "03200D009P018.PDF"

ANEXO VIII

Investimentos recollidos no Plan de Innovación Tecnolóxica

1. Adquisición de maquinaria agraria de nova tecnoloxía.

1.1. Plan de mecanización racional da produción e aproveitamento das forraxes.

1.1.1. Maquinaria de preparación do terreo.

1.1.2. Maquinaria de sementeira.

1.1.3. Maquinaria de recolleita.

1.1.4. Maquinaria de transporte e almacenamento.

1.1.5. Maquinaria de mestura ou distribución.

1.2. Plan de racionalización do emprego de estercos, xurros e lodos na fertilización dos terreos de labor.

1.2.1. Cisternas e batedores de xurro.

1.2.2. Aplicadores-enterradores de esterco e lodos e fertilizadoras de distribución electrónica.

1.2.3. Separadores de esterco sólido/líquido.

1.2.4. Inxectores e implementos de distribución específicos.

1.2.5. Remolques distribuidores de esterco.

1.3. Plan de fomento do emprego de maquinaria e equipamentos que presenten unha innovación tecnolóxica.

1.3.1. Maquinaria e equipamento específico das actividades desenvolvidas polas asociacións de viticultores, de faba e de castaña.

1.3.2. Maquinaria para a aplicación de produtos fitosanitarios: sulfatadoras, atomizadores, equipos móbiles para o control e calibraxe dos aplicadores.

1.3.3. Equipos de rega móbiles, tipo track ou similar, que poidan ser trasladables dunha a outra zona da superficie regable e non constitúan elementos fixos do dito sistema, co fin de que a súa adquisición poida afrontarse de xeito asociativo, incluidos os medios para realizar o seu transporte e outros equipamentos de rega adaptables á maquinaria agraria dispoñible (como lanzas para cisternas).

1.3.4. Construcións e/ou adquisición de instalacións para captación, transporte, almacenamento e distribución de auga para rega en zonas de viñedo en pendente, sempre que sexa acometido o investimento por asociacións formais de viticultores de xeito asociativo.

1.3.5. Adquisición de maquinaria e/ou apeiros en réxime asociativo para labores específicos en viticultura en pendente, especialmente rozadoras e outras que faciliten os labores de poda e tratamentos, enganchables ou non a equipamentos tipo eiruga que permitan a mecanización do viñedo en socalcos.

1.3.6. Maquinaria agroforestal de limpeza e mantemento da superficie cultivable e áreas de produción potencial ou risco de incidencias por lume forestal e calquera outro equipamento que se precise para as prácticas culturais e silvícolas propias deste sector:

1.3.6.1. Rozadoras de brazo desprazable de alta capacidade.

1.3.6.2. Asteladoras e equipamentos de limpeza de matogueira e monte baixo.

1.3.6.3. Plantadoras, rippers e rozadoras de cadeas.

1.3.6.4. Equipamentos individuais de roza, silvicultura e EPI.

2. Construción e/ou adquisición de instalacións de almacenamento e distribución de combustible para uso agrario.

3. Construción e/ou adquisición de instalacións para almacenamento, lavado e mantemento de maquinaria e apeiros.

4. Instalacións fixas e equipamentos para silos destinados ao almacenamento de fertilizantes a granel.

5. Construción e/ou adquisición de balsas ou fosas de xurro en réxime asociativo.

6. Instalacións e/ou equipamento de sistemas mecánicos homologados en viñedo en pendente superior ao 15%.

7. Construción e/ou adquisición de instalacións para almacenamento de forraxes ensiladas.

8. Gastos en programas informáticos específicos de xestión de parques de maquinaria.

9. Gastos vinculados aos investimentos anteriores en estudos técnico-económicos de viabilidade, honorarios de proxectos, dirección e certificación final de obra.

Ver referencia pdf "03200D009P018.PDF"

Ver referencia pdf "03200D010P039.PDF"