DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2011 Páx. 2.638

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación, e busca de emprego (Diario Oficial de Galicia número 13, do 21 de xaneiro de 2010).

O artigo 9º.9 da orde reguladora dispón que as resolucións de concesión serán obxecto de publicación segundo o establecido no artigo 13º.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44º e 45º da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e no artigo 15º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 12.05.322B.444.0, 12.05.322B.460.0, 12.05.322B.461.0, 12.05.322B.481.0 e 12.05.322B.481.2, ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación, e busca de emprego (Diario Oficial de Galicia número 13, do 21 de xaneiro de 2010).

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2011.

Ana Mª Díaz López

Directora xeral de Formación e Colocación

Ver referencia pdf "03200D008P014.PDF"