A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51º sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único
1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada pola Consellería de Sanidade e que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2010.
Mª del Pilar Farjas Abadía
Conselleira de Sanidade
ANEXO
Tratamiento de la hiperplasia benigna de próstata mediante láser. Propuesta de indicadores para su evaluación: 10 euros.