DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2011 Páx. 2.634

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 31 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal, no marco das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, e se procede á súa convocatoria.

Advertido erro na devandita orde publicada no DOG número 10, do luns 17 de xaneiro de 2011, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 873, na liña da praza IPP.10 nº 26, nas columnas correspondentes ás áreas ANEP, onde di: «ECO Economía 225 Enxeñaría Química», debe dicir: «ECO Economía 225 Economía aplicada».