DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2011 Páx. 2.633

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de xaneiro de 2011 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no último cuadrimestre de 2010.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 16, do 25 de xaneiro de 2011, cómpre facer as seguintes correccións:

-Na páxina 1.467, onde di: «Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza para contribuír a financiar o incremento de custos pola xestión dos residuos xerados nos municipios polos que atravesa o Camiño de Santiago no Ano Xacobeo 2010», debe dicir: «Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza para a adquisición de terreos para a realización de melloras ambientais na planta de xestión de residuos urbanos situada no lugar da Poza-Serviá, no concello de Lousame».

-Engadir os seguintes convenios á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no último cuadrimestre de 2010, que figura no anexo:

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración asinado o 17 de novembro de 2008 entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e o Concello das Neves para a urbanización e adaptación ao plan de baixa IMD da Circunvalación das Neves.

Importe: 2.646.144,88 euros.

Data de sinatura: 30-12-2010.

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o organismo autónomo Augas de Galicia, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello de Marín para a execución e financiamento de infraestruturas hidráulicas no Concello de Marín.

Importe: 5.405.590,00 euros.

Data de sinatura 17-12-2010.

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o organismo autónomo Augas de Galicia, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución e o financiamento da EDAR industrial en Cerceda.

Importe: 3.985.579,31 euros.

Data de sinatura: 29-12-2010.

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración asinado o día 3-9-2008 entre a antiga Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Ferrol para a humanización nas estradas de Castela (AC-862) e Catabois (C-646).

Importe: 8.000.000 de €.

Data de sinatura: 27-12-2010.