DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2011 Páx. 2.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de xaneiro de 2011 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria Sergio Mascareña de Xinzo de Limia, na provincia de Ourense.

Tendo en conta o disposto no artigo 8º, punto 1 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro, DOG do 21 de outubro, así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación do centro seguinte:

Provincia: Ourense.

Concello: Xinzo de Limia.

Localidade: Xinzo de Limia.

Código de centro: 32004830.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Sergio Mascareñas.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Carlos Casares.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2011.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria