DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2011 Páx. 2.244

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de maio de 2010 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións para a realización de accións de orientación, formación e inserción laboral dirixidas a persoas inmigrantes e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 106, do 7 de xuño de 2010).

O artigo 12º.10 da orde reguladora dispón que as resolucións de concesión serán obxecto de publicación segundo o establecido no artigo 13º.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44º e 45º da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e no artigo 15º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 12.05.322B.461.0 e 12.05.322B.481.2, ao abeiro da Orde do 27 de maio de 2010 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións para a realización de accións de orientación, formación e inserción laboral dirixidas a persoas inmigrantes e se procede á sua convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 106, do 7 de xuño).

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2011.

Ana Mª Díaz López

Directora xeral de Formación e Colocación

Ver referencia pdf "02800D006P020.PDF"