DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2011 Páx. 2.243

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 21 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 111, do 14 de xuño) pola que se convocan subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo na cidade e/ou outras medidas municipais de conciliación.

En cumprimento do disposto no artigo 20º da Orde do 21 de maio de 2010 pola que se convocan, para o exercicio 2010, as subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo na cidade e/ou outras medidas municipais de conciliación (DOG nº 111, do 14 de xuño),

RESOLVO:

Que se publiquen as subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 301.361,00 euros, con cargo á aplicación 12.01.321A.460.1, e de 80.000 euros, con cargo á aplicación 12.01.321A.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2010.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2011.

Cristina Ortiz Dorda

Secretaria general de la Consellería de Traballo

e Benestar

Ver referencia pdf "02800D004P018.PDF"