DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2011 Páx. 2.242

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, pola que se fan públicos os códigos de identificación do censo de asociacións e entidades culturais de Galicia, correspondentes ao cuarto trimestre do ano 2010.

Para dar cumprimento ao estipulado no artigo 5º do Decreto 44/2001, do 1 de febreiro, polo que se establece a refundición da normativa en materia do censo de asociacións e entidades culturais, a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, unha vez aplicadas as claves de clasificación correspondentes, segundo dispón o artigo 4º do devandito decreto, e unha vez finalizado o proceso de clasificación,

RESOLVE:

Asignar con carácter provisional o código de identificación do censo (CIC), asignado as asociacións e entidades culturais, que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro 2011.

Francisco López Rodríguez

Director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos

Ver referencia pdf "02800D004P018.PDF"