DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2011 Páx. 2.242

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8º.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9º a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado por Cacumen Lugo, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Cacumen Lugo, S.L.U.

3. Data: os días 18, 25 de febreiro e 4 de marzo de 2011.

4. Lugar de realización: Cacumen Lugo, S.L.U. R/ Concepción Arenal, 18-1º. 27004 Lugo.

5. Número de prazas: máximo 20 alumnos.

6. Horario: das 10.00-14.00 h e de 16.00-19.00 h.

7. Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora proba de avaliación.

8. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

9. Criterios de selección: por rigorosa orde de solicitude de inscrición.

Ver referencia pdf "02800D004P018.PDF"

11. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey

Director xeral de Innovación

e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Entidade organizadora: Cacumen Lugo, S.L.U.

Datas: os días 18, 25 de febreiro e 4 de marzo de 2011.

Lugar de realización do curso: instalacións de Cacumen Lugo, S.L.U. R/ Concepción Arenal, 18-1º. 27004 Lugo.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 9.00-14.00 h. e de 16.00-1900 h.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Información e inscricións: Cacumen Lugo, S.L.U., r/ Concepción Arenal, 18-1º. 27004 Lugo. Teléfono: 982 24 39 44. Fax: 982 28 41 61, e-mail: cacumen@cacumenlugo.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de solicitude.