DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación para subministración e xestión de servizos de telecomunicación, explotación e mantemento da rede Wimax municipal.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Tomiño. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Número de expediente: 01/11.

2. Obxecto do contrato: subministración e xestión de servicios de telecomunicación, explotación e mantemento da rede Wimax municipal para ofrecer acceso á banda larga nos núcleos de poboación pertencentes ao concello de Tomiño, incluídos no ámbito do proxecto piloto Tomiño sen fíos, e que se reflicten nos anexos I e II do prego de condiciones técnicas, conforme se especifica nos seus puntos 1.5 e 1.6. Duración: tres (3) anos con posibilidade de prórroga anual ata o máximo de 6 anos, e segundo o establecido no PCAP.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios.

4. Orzamento: estimado en 98.832,00 €/ano (IVE incluído). A retribución do concesionario consistirá nas tarifas que aboen os usuarios do servizo obxecto do contrato e que se inclúan na proposición económica da adxudicataria ou, de ser o caso, polos ingresos por patrocinio ou publicidade. Canon de explotación: 23.007,33 €/ ano mínimo. Financiamento: autofinanciamento.

5. Garantías: provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: o licitador deberá dispoñer de título habilitante expedido pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións para a explotación de redes e prestación de servicios de comunicacións electrónicas, así como as respectivas licenzas, autorizacións e permisos.

7. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello. Praza do Seixo, 1. Tomiño 36740. Teléfono: 986 62 20 01. Fax: 986 60 81 64. Web: www.concellotomino.com (perfil de contratante).

8. Presentación das ofertas: no rexistro xeral do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, excepto o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas. Documentación que se presentará: a exixida nos pregos. Data límite: 15 días naturais contados desde o seguinte á última publicación da licitación no BOP de Pontevedra (BOPDEPO), Diario Oficial de Galicia (DOG) e perfil de contratante do concello. Se o prazo finalizase en día inhábil ou sábado, entenderase que o prazo expira o inmediato día hábil posterior.

9. Apertura de ofertas: a mesa de contratación e de conformidade co establecido nos pregos de condicións.

10. Criterios de adxudicación: o resultado final (máximo de 100 puntos) obterase da suma das valoracións dos seguintes criterios pormenorizados no PPT.

Criterios automáticos (60 puntos): a) Plan de Tarifas (36 puntos). b) Canon (9 puntos). c) Prazo de posta en marcha (10 puntos). d) Oferta de servizos de telefonía (5 puntos).

Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor (40 puntos): a) Valoración de referencias e experiencias similares da empresa (5 puntos). b) Garantías do servicio de mantemento (20 puntos):

b.1. Plan xeral de mantemento correctivo: 4 puntos.

b.2. Políticas de mantemento preventivo: 4 puntos.

b.3. Soporte técnico, de administración e monitorización do tempo de resposta e resolución de incidencias: 4 puntos.

b.4. Atención ao usuario: 4 puntos.

b.5. Soporte integral para os equipamentos doutros fabricantes: 4 puntos.

c) Outras prestacións superiores ao canon sen custo para o concello, que se valorarán como melloras (15 puntos).

c.1. Ampliación da rede: 10 puntos.

c.2. Subministración ao concello: 5 puntos.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. Importe máximo 1.100 euros.

Tomiño, 2 de febreiro de 2011.

Sandra González Álvarez

Alcaldesa