DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

EDICTO.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente número 1/2009 que se tramita por instancia de Ramón García Leal, en representación de Tanfresco, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de procesamento e pasteurización de crustáceos e moluscos, que se van instalar na parcela B-20, do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da última públicación deste edicto no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste concello, co fin de quen se consideren afectados pola actividade poidan examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións ou observacións que teñan por conveniente.

Bergondo, 11 de xaneiro de 2010.

Alejandra Pérez Máquez

Alcaldesa