DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2011, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de receitas oficiais, para a prestación farmacéutica do Servizo Galego de Saúde MS-SER1-11-014.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 8 de marzo de 2011.

d) Número de expediente: MS-SER1-11-014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de receitas oficiais, para a prestación farmacéutica do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 30199700-7.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Ver referencia pdf "02700D053P058.PDF"

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 172.500 euros. IVE: 31.050 euros. Importe total 203.550 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non. Definitiva: 5% do valor estimado excluído o imposto de valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver puntos 16 e 17 da folla de especificacións (carátula).

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 8 de marzo de 2011.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións, para a adxudicación provisional.

8. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: si, ver punto 20 da folla de especificacións (carátula).

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas: 20 de xaneiro de 2011.

11. Outras informacións: si, ver punto 21 da folla de especificacións (carátula).

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2011.

Pablo Torres Arrojo

Director de Recursos Económicos