DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2011, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva de catéteres intravenosos de seguridade MS-ASF1-11-002.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Área Sanitaria de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de subministracións (unidade de contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Área Sanitaria de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 67 62/981 33 45 14.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratación.subministracións.asf@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborais das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MS-ASF1-11-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de catéteres intravenosos de seguridade.

c) División por lotes e número: lote único (véxanse pregos de cláusulas administrativas particulares).

d) Lugar de entrega: almacén xeral da Área Sanitaria de Ferrol.

e) Prazo de entrega: véxanse pregos de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33141200-2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

1. Calidade técnica: ata 50 puntos.

2. Prezo: ata 40 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 4 puntos.

4. Rappels económicos sobre compras: ata 4 puntos.

5. Dispoñibilidade de código de barras: ata 1 punto.

6. Dispoñibilidade de intercambio electrónico de datos: ata 1 punto.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 131.944 euros.

b) IVE: 10.555,48 euros.

c) Importe total: 142.499,48 euros.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de licitación, excluído IVE.

6. Requisitos específicos do contratista (grupo, subgrupo e categoría):

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 14 de marzo de 2011.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: rexistro xeral da Área Sanitaria de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Enderezo electrónico:

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) A data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 19 de xaneiro de 2011.

11. Outras informacións:

Ferrol, 10 de xaneiro de 2011.

Luis Verde Remeseiro

Director da Área Sanitaria de Ferrol