DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2011, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de transporte e repartición de comidas e ceas mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor AB-CHC1-11-015.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, As Xubias de Arriba 84, 15006 A Coruña, Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: contrataciones.chuac@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 14 de marzo de 2011.

2. Obxeto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxeto: servizo de transporte e repartición de comidas e ceas.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega:

-Hospital Universitario A Coruña: As Xubias de Arriba, 84, A Coruña.

-Hotel de Pacientes: As Xubias de Arriba, 84, A Coruña.

-Hospital Teresa Herrera: avd. da Pasaxe, s/n, A Coruña.

-Hospital Marítimo de Oza: As Xubias de Abaixo, 1, A Coruña.

e) Domicilio: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Localidade e código postal: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Prazo de execución/entrega: 24 mensualidades desde a data de entrada en vigor do contrato.

h) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, incluídas as prórrogas, non superará os 48 meses.

i) Establecemento dun acordo marco: non.

j) CPV: 60100000-9.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria, aberto e anticipado de gasto.

a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 169.488 euros. IVE (18%): 30.507,84 euros. Importe total: 199.995,84 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 14 de marzo de 2011.

b) Lugar de presentación:

c) Dependencia: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (planta baixa do Hospital A Coruña).

d) Domicilio: As Xubias de Arriba, 84.

e) Localidade e código postal: A Coruña-15006.

f) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

g) Prazo durante o cal o licitador está obligado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 145º da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Dirección: sala de xuntas de Xestión do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Planta soto do Hotel de Pacientes (anexo ao Hospital da Coruña). As Xubias de Arriba, 84.

b) Localidade e código postal: A Coruña-15006.

c) Data e hora: a data de realización de apertura do sobre B relativo a criterios non valorables de forma automática e sobre C relativo a criterios valorables de forma automática, publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es.

9. Gastos de publicidade.

Por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: 5,42 €/línea (se é urxente 10,82 €/liña). BOE: 21,71 €/liña (se é urxente 43,42 €/liña). DOUE: publicidade sen cargo.

10. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 19 de xaneiro de 2011.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2011.

Jerónimo Pardo Vázquez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario A Coruña en funcións