DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2011 pola que se aproba o expediente correspondente á licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade das dependencias deste instituto enerxético.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

1.2. Dependencia que tramita: Departamento de Secretaría e Servizos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade das dependencias do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

2.2. Prazo de execución: dous anos desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 89.000 € (IVE excluído). IVE: 16.020 €.

5. Garantía provisoria.

Importe total: non se exixe.

6. Garantía definitiva.

5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no Instituto Enerxético de Galicia, sito en Santiago de Compostela, rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 (San Lázaro), así como no perfil de contratante na páxina web http://www.inega.es.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 15 02.

8. Presentación das ofertas.

8.1. Data límite da presentación: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do oitavo (8º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax: 981 54 15 15 no mesmo día.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación.

8.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral do Instituto Enerxético de Galicia.

b) Enderezo: rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 (San Lázaro).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Enerxético de Galicia.

b) Enderezo: rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 (San Lázaro).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a data e a hora do acto público de apertura dos sobres B e C será anunciada no perfil de contratante.

10. Gastos do anuncio.

Pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2011.

Eliseo Diéguez García

Director do Instituto Enerxético de Galicia