DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2011 pola que se notifica a resolución sobre apercibimento previo á imposición de multas coercitivas, devolta polo servizo de correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 30 de novembro de 2010, ditou resolución pola cal se apercibe a José Rodal Portas, da imposición de multas coercitivas derivada do expediente sancionador e de reposición da legalidade 66.1/98, pola realización de obras abusivas executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na instalación de 22 casetas tipo móbil con carácter permanente, 9 caravanas e 4 tendas de campaña nas inmediacións da praia de Videira, no lugar de Foxón, parroquia de Tirán, termo municipal de Moaña, carecendo da perceptiva autorización desta comunidade autónoma.

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61º da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar- Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59º.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2011.

María Martínez Allegue

Directora da Axencia de Protección

da Legalidade Urbanística