DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2011 pola que se notifica a resolución de imposición da primeira multa coercitiva, devolta polo servizo de correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, con data do 29 de novembro de 2010, resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva a Galiaudio, S.L. como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 15 de decembro de 2000 (expediente 71.12/99) de proceder á restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior á comisión da infracción consistente na realización dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, de cambio de cuberta con aumento de volume e aproveitamento de baixocuberta, no lugar de Lourido, concello de Poio.

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61º da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

Contra esta resolución, de imposición de primeira multa coercitiva, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou se puideron esgrimir fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14º.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59º.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2011.

María Martínez Allegue

Directora da Axencia de Protección

da Legalidade Urbanística