DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2011 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador en materia de vertedura de augas residuais seguido contra Serafín Rodríguez Rodríguez (concello de Valga). (Clave DH.D36.16612).

Con data do 13 de decembro de 2010 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Serafín Rodríguez Rodríguez pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada nos artigos 116º.3 g) do texto refundido da Lei de augas, e 315º h) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante o presente anuncio notifícaselle a proposta de resolución ao interesado, e faiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias

Presidente de Augas de Galicia