DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2011 polo que se fai público o acordo de incoación e o prego de cargos ditados no expediente sancionador en materia de vertedura de augas residuais seguido contra Port Vigo, S.L. (concello da Illa de Arousa). (Clave DH.D36.17089).

Con data do 23 de novembro de 2010 ditouse acordo de incoación e prego de cargos no expediente sancionador de referencia seguido contra Port Vigo, S.L. pola comisión dunha infracción de carácter grave en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 11º.2 a) da Lei 8/2001, de protección da calidade das augas das rías de Galicia.

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación e prego de cargos ao interesado, e faiselle saber que unha copia deles se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias

Presidente de Augas de Galicia