DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 13 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social 2010/0034-1 e dous máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59º.5 e 61º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de traballo.

Faise saber que as ditas resolucións rematan a vía administrativa e os interesados poden formular contra elas recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o órgano xudicial que resulta competente, por aplicación e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírtese que terán que aboar as multas impostas mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar no correspondente departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2011.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Manuel Ferrín, S.L.

Enderezo: r/ Fermín Bouza Brey, 10, baixo. 15142 Arteixo (A Coruña).

Nº expediente: 2010/0034-1.

Acta de infracción: 196050/2009/1/T.

Data resolución dirección xeral: 25 de outubro de 2010.

Preceptos infrinxidos: artigo 15º.1 a) e b) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, en relación cos artigos 2º e 3º do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15º do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 7º.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 6.250 €.

Empresa: Hermanos Ferrín, S.L.

Enderezo: r/ Fermín Bouza Brey, 10, baixo, 15142 Arteixo (A Coruña).

Nº expediente: 2010/0033-1.

Acta de infracción: 195949/2009/1/T.

Data resolución dirección xeral: 25 de outubro de 2010.

Preceptos infrinxidos: artigo 15º.1 a) e b) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, en relación cos artigos 2º e 3º do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15º do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 7º.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 6.250 €.

Empresa: Manuel Ferrín Suárez.

Enderezo: r/ Fermín Bouza Brey, 10, baixo, 15142 Arteixo (A Coruña).

Nº expediente: 2010/0032-1.

Acta de infracción: 195848/2009/1/T.