DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2010/0029-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de correos por resultar imposible efectuala, de conformidade co disposto nos artigos 59º.5 e 61º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por medio desta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución ditada no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que contra a dita resolución cabe formular recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde a súa publicación, ante a conselleira de Traballo e Benestar, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Advírtese, así mesmo, que de non ser interposto o recurso, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do documento de ingreso da Consellería de Facenda, que poderá solicitar na Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, co apercibimento de que, transcorrido o prazo que no impreso figura, se xerarán inmediatamente a recarga de constrinximento e os xuros de demora e se procederá ao cobramento e, de ser o caso, execución polo procedemento administrativo de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de diciembre), e demais disposicións xerais de aplicación.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2011.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: José Ángel Gómez Castro.

Enderezo: Pazos Os Baixos, 10, Alxén, 36458 Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Nº expediente: 2010/0029-0.

Acta de infracción: 52180/2010/4/H.

Data de resolución da dirección xeral: 25 de novembro de 2010.

Preceptos infrinxidos: artigos 14º.2, 15º.1º b) e h) e 24º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co disposto nos artigos 2º, 4º.2, 11º e 12º do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción; artigos 16º.2 a) e 17º da Lei 31/1995; artigos 3º, 5º e 11º do Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, e artigo 12º e anexo IV, parte C. 3 a) do Real decreto 1627/1997.

Preceptos sancionadores: artigos 13º.10 e 12º.16 f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 43.032 euros.