Non sendo atopado no enderezo coñecido por este departamento territorial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59º.5 e 61º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución neste Departamento Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18º.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.
-Expediente nº: 2010/449.
Acta inf. nº: I152010000131866.
Empresa: Construcar 2009, S.L.
NIF: B-70208822.
Enderezo: lugar A Brea 206, 15100 Carballo.
Materia: obstrución.
Resumo da acta de infracción: tras a visita da Inspección de Traballo na que se detectan irregularidades en materia preventiva, requíreselle á empresa diversa documentación da que só achega unha parte. Despois de varios requirimentos por parte da Inspección de Traballo, a empresa segue sen achegar a dita documentación.
Normativa infrinxida: artigo 11º da Lei 42/1997 e Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto e artigo 4º.2 a) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
Tipificación: artigo 50º.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Falta grave en grao mínimo.
Proposta de sanción: 626 euros.
Corríxese neste momento, de conformidade co artigo 105º da Lei 30/1992, a contía proposta na acta de infracción, por canto, segundo o artigo 40º.1 b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, a sanción que corresponde a unha infracción grave en grao mínimo en materia de obstrución é de 626 euros.
Documentos que constan no expediente:
-Acta de infracción.
-Xustificantes das notificacións.
-Expediente nº: 2010/463.
Acta inf. nº: I152010000132876.
Empresa: Iberhealth Coruña Explotation Health Clubs, S.L.
NIF: B-85418044.
Enderezo: rúa Bruc 21, 3º porta 1ª A Barcelona.
Materia: traballo.
Resumo da acta de infracción: retraso no aboamento do salario da totalidade dos traballadores da empresa.
Normativa infrinxida: artigos 4º.2 a) e 29º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
Tipificación: artigo 7º.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39º.1 e 40º.1 c) do dito real decreto.
Falta grave en grao medio.
Proposta de sanción: 2.000 euros.
Documentos que consten no expediente:
-Acta de infracción.
-Xustificantes das notificacións.
-Expediente nº: 2010/536.
Acta inf. nº: I152010000142475.
Empresa: Víctor Manuel Valiña Blanco.
NIF: 34888794-W.
Enderezo: Polígono Industrial Espírito Santo-Zeppelín 13-15 15475 Cambre.
Materia: seguridade e hixiene.
Resumo da acta de infracción: investigación do accidente de traballo sufrido por José M. Abruñedo Barbeito como consecuencia da falta de protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.
Normativa infrinxida: artigos 4º.2 d) e 19º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigo 14º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigo 3º puntos 1 e 4 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, en relación coas prescricións do anexo II, puntos 1.7, 3.1 a), 4.1.3 e 4.2.3 do mesmo texto legal.
Tipificación: artigo 12º punto 16 b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39º e 40º do dito real decreto.
Falta grave en grao mínimo.
Proposta de sanción: 2.046 euros.
Documentos que constan no expediente:
-Acta de infracción.
-Xustificantes das notificacións.
-Expediente nº: 2010/539.
Acta inf. nº: I152010000153084.
Empresa: Inxenia, Gestión Integral de Proyectos y Servicios, S.L.U.
NIF: B-70177274.
Enderezo: rúa Ferrol 1 2º 15004 Ferrol.
Materia: traballo.
Resumo da acta de infracción: non pagamento e retrasos reiterados no pagamento do salario aos traballadores da empresa.
Normativa infrinxida: artigo 5º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de marzo; artigos 4º.2 f) e 29º.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo e artigo 32º da Resolución do 14 de maio de 2008 do XV Convenio colectivo nacional de empresas de enxeñaría e oficina de estudos técnicos.
Tipificación: artigo 8º.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, en relación cos artigos 39º.1 e 40º.1 c) do dito real decreto lexislativo.
Falta moi grave en grao mínimo.
Proposta de sanción: 6.900 euros.
Documentos que consten no expediente:
-Acta de infracción.
-Xustificantes das notificacións.
A Coruña, 21 de xaneiro de 2011.
Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña