DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 15 de novembro de 2010, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-105/10, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona, a resolución do Departamento Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña ditada no expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que coiden oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 17 de xaneiro de 2011.

Manuel Varela Rey

Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-105/10.

Denunciada: Sandra Fabiana Sánchez.

NIE: X-1083793-X

Establecemento: Pub Zorba.

Enderezo: rúa Río Xallas, 49.

Localidade: Carballo.

Precepto infrinxido: artigo 69º a) 2º da Lei 14/2008.

Resolución: 15 de novembro de 2010.

Sanción: multa de cen euros (100 €).