O 24 de novembro de 2010, a xefa territorial de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador AEPI 093 2010, iniciado no Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Sanidade a Daniel Andrade Fonseca, titular do establecemento Pub 988.
Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Daniel Andrade Fonseca, titular do establecemento Pub 988, o dito acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento deste.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante este departamento territorial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento territorial, sito na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18º e 19º do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59º.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 13 de xaneiro de 2011.
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente sancionador AEPI 093 2010.
Denunciado: Daniel Andrade Fonseca, titular do establecemento Pub 988.
Documento de identificación: X1243201M.
Último enderezo coñecido: praza Alameda, nº 29, 32600 Verín, Ourense.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: artigo 19º.2 d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.
Tipificación: leve.
Sanción proposta: catrocentos euros (400 ).