DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento da autorización administrativa do ramal de distribución de gas natural denominado Ramal MOP= 16 Bar O Porriño-Ponteareas.

Para os efectos previstos no artigo 5º do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a solicitude relacionada no cadro seguinte inicia o correspondente trámite de competencia.

Datos da solicitude.

Empresa solicitante: Gas Galicia SDG, S.A.

Contido da solicitude: autorización administrativa, aprobación do proxecto e recoñecemento da utilidade pública.

Tipo de instalación: ramal de distribución de gas natural.

Denominación do proxecto: proxecto de autorización de instalacións Ramal MOP= 16 Bar O Porriño-Ponteareas.

Trazado do ramal: parte dun futuro punto de entrega na rede Vigo-O Porriño, propiedade de Gas Natural Distribución SDG, S.A. (que se instalará na zona de Atios, no concello do Porriño), e remata nun armario de regulación e medida (que se instalará nas inmediacións do río Xinzo, no concello de Ponteareas), desde o cal se dará subministración de gas natural ao termo municipal de Ponteareas.

Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:

-Outras empresas distribuidoras de gas natural podan presentar solicitudes en concorrencia con esta solicitude de Gas Galicia SDG, S.A.

-A empresa Gas Galicia SDG, S.A. poda completar, se o considera oportuno, a súa solicitude.

O trámite de competencia resolverase a favor da empresa cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 7º do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2011.

Ángel Bernardo Tahoces

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas