DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica L.M.T. e C.T. estrada Xunqueira, 17, no concello de Allariz. (Expediente IN407A 10/68-3).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. e C.T. estrada Xunqueira, 17.

Situación: concello de Allariz.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 121 m de lonxitude e condutor R.H.Z.1, con orixe na L.M.T. ao C.T. estrada Xunqueira (32CFL4) e remate na L.M.T. ao C.T. estrada Xunqueira, 2 (32CY14) con entrada e saída no C.T. proxectado non prefabricado sito na planta baixa do edificio estrada Xunqueira, 17 de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 35.915,18 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 27 de decembro de 2010.

Gabriel Diéguez Domínguez

Xefe territorial de Ourense