DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Castro-Outarelo-Ourense no concello de Ourense. (Expediente IN407A 10/67-3).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Castro-Outarelo-Ourense.

Situación: concello de Ourense.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 162 m de lonxitude, con condutor tipo R.H.Z.1 e orixe no apoio 27 A da L.M.T. existente SAC806 da subestación Saceda e remate no C.T. proxectado prefabricado fin de liña rural Castro-Outarelo de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V; R.B.T. subterránea de 166 m con condutor X.Z.1 derivada do C.T. proxectado. Orzamento: 52.852,53 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 23 de decembro de 2010.

Gabriel Diéguez Domínguez

Xefe territorial de Ourense