DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Corcubión. (Expediente IN407A 09/410).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: repotenciación L.M.T.S. POT-801 CC.TT. Corcubión I-Corcubión Porto-Atlamar.

Situación: concello de Corcubión.

Características técnicas: substitución do condutor subterráneo existente de 0,394 km, na L.M.T.S., C.T. Corcubión-C.T. Corcubión Porto, por R.H.Z.1-2OL 3×1×240 mm2 (expediente IN407A 98/99). Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, dunha lonxitude de 1,386 km, coa orixe na L.M.T.S. POT-801 nas proximidades do C.T. Corcubión I e final nunha cela do C.T. Atlamar, en condutor R.H.Z.1-2OL 3×1×240 mm2. A liña discorre por canalización existente (expediente IN407A 98/99). Concello de Corcubión.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 19 de novembro de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña