DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 27 de decembro de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Ferrol. (Expediente IN407A 10/324).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda, de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T.C. Catabois, nº 416.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,225 km, coa orixe no paso aéreo subterráneo da L.M.T. SMR-723 proxectado en fachada do C.T. Sindicais, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na L.M.T.S. a C.T.C. Catabois, nº 535.

Tramo de liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,249 km, coa orixe na cela de liña existente no C.T. Catabois Parrulo, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na L.M.T.S. a C.T.C. Catabois, nº 535.

Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,010 km, coa orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. SMR-711 a C.T.C. Catabois, nº 535, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3 (1×240) Al, e final no C.T.C. Catabois, nº 146 proxectado.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de decembro de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña