DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 21 de decembro de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Cabana de Bergantiños. (Expediente IN407A 10/325).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: recuamento en M.T. As Revoltas (L.M.T., C.B.A. 804 Laxe).

Situación: concello de Cabana de Bergantiños.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea núa C.B.A. 804 Laxe entre os apoios 44-45, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,076 km, coa orixe no apoio proxectado, nº 44 e final no apoio existente, nº 45, condutor tipo LA-78/78,6 mm2 (retensamento van existente en obra).

Liña eléctrica de media tensión aérea núa CBA-804 Laxe entre os apoios 35-36, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,055 km, coa orixe no apoio nº 36 proxectado e final no apoio existente nº 35 existente, condutor tipo LA-78/78,6 mm2.

Liña eléctrica de media tensión As Revoltas subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 1,065 km, coa orixe en apoio nº 36 proxectado, condutor tipo R.H.Z.I-2OL kV-3(1×240) Al e final no apoio nº 44, proxectado. Concello de Cabana de Bergantiños.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de decembro de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña