DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de concertación directa no aluguer dun inmoble no concello de Sarria.

En cumprimento do disposto no artigo 18º.2 e 22º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 55º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio, e á vista das competencias que teño atribuídas consonte o disposto no Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica da Consellería de Facenda,

RESOLVO:

Facer pública a tramitación dun procedemento de concertación directa na contratación do aluguer dun inmoble situado en Sarria, na rúa Nova, baixo (esquina rúa Velázquez), para dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, con base nas peculiaridades do ben, posto que o inmoble está sendo utilizado na actualidade para o mesmo fin.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2011.

Rosa Mª Pedrosa Pedrosa

Secretaria xeral e do Patrimonio da Consellería

de Facenda