DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2011 Páx. 2.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2011, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59º.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, a quen non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser iniciado este en tempo e forma, haberá de aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias do departamento territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 26 de xaneiro de 2011.

Marta Barreiro Castro

Xefa territorial de Lugo

Ver referencia pdf "02700D024P039.PDF"